Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 22 de maio de 1998 Páx. 5.620

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da reunión da comisión de vixilancia do convenio colectivo da empresa Emesa-Trefilería, S.A. sobre incrementos salariais ano 1997 e 1998 e corrección de erros do convenio colectivo da empresa no período 1997-1999.

Visto o texto da acta asinada o día 11 de marzo de 1998 pola comisión de vixilancia do convenio colectivo da empresa Emesa-Trefilería, S.A., mediante o que se acordan os incrementos salariais definitivos para o ano 1997, os provisionais para o ano

1998 e a corrección de erros apreciados no texto do convenio colectivo da empresa para o período 1997-1999, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primero.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de abril de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta da reunión da comisión de vixilancia do convenio colectivo de empresa 1997-1999.

En Arteixo, ás 12 horas do día 11 de marzo de 1998, reúnense na sala de xuntas da factoría de Emesa-Trefilería, S.A., os membros da comisión de vixilancia do convenio colectivo da empresa que se relacionan a seguir:

En representación dos traballadores: Jesús José María García Fernández, Carlos Gestal Rabuñal, Manuel Naya Fernández.

En representación da empresa: José Eugenio Bonis Téllez, Faustino Menéndez Portela, Carlos Bruno López Ferreiro.

Punto 1º. Incrementos salariais.

Os representantes da empresa informan de que se cumpriron os obxectivos asinados no convenio colectivo para a prima de resultados no ano 1997. Polo tanto, sendo o IPC real para este ano o 2%, procede aplica-la seguinte regularización nas táboas salariais:

Táboas definitivas 1997: tábaos provisionais 1997 x (1,0325/1,02).

Para o ano 1998 aplicarase como incremento provisional o IPC previsto do 2,1%, é dicir:

Táboas provisionais 1998: táboas definitivas 1997 x 1,021.

Coincidindo co aboamento da nómina definitiva do mes de febreiro, regularizaranse as táboas salariais e aboaranse os atrasos correspondentes desde o 1º de xaneiro de 1997.

Punto 2º. Rectificación de erros no texto do convenio colectivo.

Detectouse un erro na páxina 25 do texto do convenio colectivo de traballo para o período 1997-1999. O importe do plus de actividade correspondente ó xefe de organización de 1ª, para o ano 1997, debe ser 35.413 pesetas, en lugar de 40.513 pesetas.

E non habendo máis ausntos que tratar, dáse por rematada a reunión.

4099