Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 22 de maio de 1998 Páx. 5.620

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0004899/1998, interposto por Lino José Rodríguez Otero e Mª Blanca Coladas Carballosa.

Recibiuse nesta consellería escrito da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que se reclama o expediente administrativo referido ó recurso 02/0004899/1998, interposto por Lino José Rodríguez Otero e Mª Blanca Coladas Carballosa contra resolución da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, do 5 de marzo de 1998, desestimatoria parcial dos recursos ordinarios contra outro do director xeral de Patrimonio Cultural, do 29 de setembro de 1997, sobre solicitude de licencia de construcción do muro de separación no predio A Saleta (Meis).

Esta secretaría xeral acordou, en cumprimento do disposto no artigo 61 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo solicitado.

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 64 da citada lei, modificado pola Lei 10/1992, do 30 de abril, notifícaselles a tódalas persoas interesadas no procedemento e empránzanse para que poidan comparecer en autos ante a referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1998.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

4528