Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 21 de maio de 1998 Páx. 5.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1998 pola que se anuncia poxa para a execución das obras comprendidas no proxecto de reforma de edificio para situación dunha escola de música.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación de Obras. b) Número de expediente: O98/36.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de reforma de edificio para situación dunha escola de música.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 23.623.693 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 472.474 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. F) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo g, subgrupo 4 e 6, categoría c.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido seu («Proposición económica» e «Documentación administrativa» e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de reforma de edificio situación dunha escola de música».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 12 de maio de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

4684