Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 21 de maio de 1998 Páx. 5.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1998 pola que se anuncia poxa para a execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación con aglomerado asfáltico no Birloque, As Paxariñas e a estrada de Eirís.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación de Obras. b) Número de expediente: O98/35.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación con aglomerado asfáltico no Birloque, As Paxariñas e estrada de Eirís.

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 22.671.641 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 453.433 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. F) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido seu («Proposición económica» e «Documentación administrativa» e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de pavimentación con aglomerado asfáltico no Birloque, As Paxariñas e estrada de Eirís».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 11 de maio de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

4720