Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 21 de maio de 1998 Páx. 5.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/254-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T. Porta do Sol-Atios-Praia.

Situación: Valdoviño.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 0,533 km con orixe no C.T. Atios e final no C.T., proxectado Atios-Praia en conductor R.H.V.-12/20 kV-3(1x150) mm Al. C.T. non prefabricado de 400 kVA 15.000/380-220 voltios en Atios-Praia. R.B.T. aérea-subterránea de (0,17+0,215) km con orixe no C.T. de Atios, en conductores R.Z. e R.V.. R.B.T. aérea-subterránea de (0,16+0,195) km con orixe no C.T. de Atios-Praia, en conductores R.Z. e R.V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre

autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 15 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3686