Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T. Oca-Traba-Sampaio.
Situación: Coristanco.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 4,26 km con orixe na L.M.T. Vilares-Meano (expediente 5462) e final no C.T. de Sampaio, no conductor LA-56/54,6 mm.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 15 de abril de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
3682