Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 21 de maio de 1998 Páx. 5.584

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 13 de abril de 1998 pola que se suprime o Comité Asesor da Eritropoietina.

O Comité Asesor da Eritropoietina foi creado pola orde da entón Consellería de Sanidade, do 10 de setembro de 1991 (Diario Oficial de Galicia, número 190, do 2 de outubro), co obxectivo de promove-lo uso racional da eritropoietina.

Desde entón, o comité estableceu e divulgou os criterios para a adecuada utilización da eritropoietina en pacientes con anemia asociada a insuficiencia renal grave, criterios que se poden considerar de xeral aplicación en Galicia.

Tendo en conta, conforme a valoración do Comité Asesor que se cumpriron os fins e funcións previstos no artigo 5 de dita orde, e vista a proposta da Dirección Xeral de Farmacia,

DISPOÑO:

Artigo único

Suprímese o comité asesor para a utilización terapéutica da eritropoietina.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 1998.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

4369