Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento de concurso, para a adquisición de cinco máquinas fotocopiadoras para os servicios de reprografía, biblioteca e documentación, prensa e intervención do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 79.1º e 182 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e de conformidade co modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publicado no Boletín Oficial do Estado nº 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte anuncio de licitación para a adquisición, mediante concurso, de cinco máquinas fotocopiadoras para os servicios de reprografía, biblioteca e documentación, prensa e intervención do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 4/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da adquisición de cinco máquinas fotocopiadoras para os servicios de reprografía, biblioteca e documentación, prensa e intervención do Parlamento de Galicia.

b) División por lotes e número: único.

c) Lugar de execución: nas dependencias correspondentes do Parlamento de Galicia.

d) Prazo de entrega: fixarano as empresas nas súas ofertas e non será superior ós dous meses desde a data de adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 17.000.000 de pesetas, incluído o IVE.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do tipo de licitación (340.000 ptas.).

Definitiva: o 4% do tipo de licitación (680.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono: (981) 56 16 00.

e) Telefax: (981) 57 10 41.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ós catorce días naturais seguintes ó da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de licitación.

b) Documentación que hai que presentar: a citada na cláusula VII do prego de cláusulas administrativas particulares (BOPG nº 76, do 22 de abril de 1998).

c) Lugar de presentación: Rexistro do Parlamento de Galicia.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Domicilio: r/ Hórreo, 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses desde a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes (concurso): no prego de prescricións técnicas acéptanse melloras e alternativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ó oitavo día hábil seguinte unha vez transcorridos catorce días naturais desde a publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: no BOPG nº 76, do 22 de abril de 1998, e nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas depositados no Rexistro Xeral do Parlamento.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1998.

José María García Leira

Presidente

3725