Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 23 de abril de 1998 de notificación ó interesado da resolución acordada no expediente de desafiuzamento 53/1996 da provincia de Pontevedra por resultar descoñecido o seu domicilio.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó beneficiario dunha vivenda de protección oficial cos datos relacionados no anexo, a resolución pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato da vivenda que lle foi adxudicada, recaída no procedemento de desafiuzamento tramitado por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, ó abeiro do disposto no artigo 30 do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial e do artigo 138 do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial, para os efectos previstos no Decreto 320/1995, do 2 de decembro de regularización de situacións dos ocupantes e cambios de réxime nas vivendas de promoción pública.

Ás devanditas vivendas élles de aplicación o réxime legal de uso, conservación, aproveitamento e sancionador regulado na normativa de vivendas de protección oficial.

Por iso, vista a proposta de resolución da delegación provincial, resultando probado o abandono da vivenda por parte do seu titular e o incumprimento das obrigas inherentes á cualidade de beneficiarios dunha VPO de promoción pública e a ocupación efectiva do inmoble por persoa distinta do seu adxudicatario acordouse a resolución de pleno dereito do contrato outorgado entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o adxudicatario que se cita no anexo.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente notificación.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1998.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 53/1996.

Adxudicatario: Domingo Pitart Ruíz.

Último domicilio coñecido: avenida Gorxal 10, 1º B. Vigo.

Expediente de construcción: PO-278. Conta 46.

Data de Resolución: 2 de abril de 1998.

4158