Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: R.B.T. Cambelas e Rueiro.
Situación: Padrón.
Características técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión a 380-220 sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. en seccións de 95, 50 e 25 mm Al, de 1.435 m de lonxitude, con orixe no C.T. Cambelas (expediente 50720) e discorrendo polo lugares de Rueiro, Cambela, Souto e Baiuca. Padrón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 15 de abril de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
3677