Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/93-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: retranqueo L.M.T.S. e C.T.S. Paseo Fluvial.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV baixo teito e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x2,40) mm Al de 200 m de lonxitude, con orixe no C.T. Concello (expediente 32780) e final na liña que alimenta ó C.T. Balneario (expediente 5716). Centro de transformación, tipo caseta prefabricada, de 630 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 Balneario, Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3658