Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.551

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se regula a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas establecida na Orde do 19 de marzo de 1997, pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso no corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional.

Na base común 12 da orde do 19 de marzo de 1997 (DOG do 3 de abril), regúlase e establécese a necesidade de realizar prácticas docentes previas ó nomeamento dos interesados como funcionarios de carreira, co obxecto de valora-las aptitudes didácticas dos aspirantes que aprobaron a fase de oposición.

Na súa virtude, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Para a valoración dos aspirantes ó corpo de ensino secundario serán nomeadas tres comisións cualificadoras, unha de letras, unha de ciencias e outra de tecnoloxía formadas por especialistas nas respectivas áreas e que terán a seguinte composición:

-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo director xeral de Persoal por proposta da Inspección Central.

-Catro vocais, designados entre os profesores de ensino secundario.

Segundo.-Para a valoración dos aspirantes ó corpo de profesores técnicos de formación profesional será nomeada unha comisión cualificadora, formada por especialistas nas respectivas disciplinas e que terá a seguinte composición:

-Presidente: un inspector ó servicio da Administración educativa nomeado polo director xeral de Persoal por proposta da Inspección Central.

-Catro vocais, designados entre os profesores técnicos de formación profesional.

Terceiro.-A inspección ó servicio da Administración educativa poderá visita-lo profesorado en prácticas e emitirá un informe sobre o desenvolvemento da súa función, que será tido en conta pola comisión avaliadora.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1998.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

3598