Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.548

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 20 de abril de 1998 pla que se regulan axudas e subvencións para a creación de empresas e a integración laboral da muller como estímulo a mulleres emprendedoras de Galicia (programa Emega).

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 82, de 30 de abril de 1998, é necesario efectua-la oportuna corrección:

Na páxina 4.534, onde di: «Orde do 20 de abril de 1998», debe dicir: «Orde do 27 de abril de 1998».

Na páxina 4.535, onde di: «Artigo 5º, punto c, Compromiso expreso de contratación de alomenos unha muller en situación de desemprego, ou se é o caso, compromiso de creación de emprego das solicitantes de acordo co establecido no artígo 2º», debe dicir: «Declaración expresa das mulleres que se van contratar e, se é o caso, compromiso expreso de creación de emprego das solicitantes de acordo co establecido no artigo 2º».

Na páxina 4.536, artigo 11, apartado 2, onde di: «A xustificación deberá referirse a gastos efectuados ata o 31 de decembro de 1998 e necesariamente presentarse antes do 28 de xaneiro de 1999», debe dicir: «A xustificación deberá referirse a gastos efectuados ata o 31 de decembro de 1998 e necesariamente presentarse antes do 28 de febreiro de 1999».

Na páxina 4.541, no anexo II, «no relativo ó programa de investimentos», onde di: «custos de educación», debe dicir: «custos de adecuación».

Na páxina 4.541, no anexo II, onde di: «Provisto de fondos (1)», debe dicir: «Provisión de fondos (1)».

Na páxina 4.542 no anexo II no recadro superior, onde di: «ano 1997 e ano 1998», debe dicir: «ano 1998 e ano 1999».

Na páxina 4.542, no anexo II, «conta de resultados (en miles de pesetas)», onde di: «total ingresos (2)», debe dicir: «total custos (2)».

Na páxina 4.543 no recadro superior, onde di: «ano 1997 e ano 1998», debe dicir: «ano 1998 e ano 1999».

4624