Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTROVERDE

ANUNCIO de licitación.

1.-Entidade adxudicadora: Concello de Castroverde.

2.-Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: adquisición dunha máquina motoniveladora.

b) Prazo de suministro: quince días.

c) Orzamento base de licitación: 8.000.000 de ptas.

d) Garantía provisional: 160.000 ptas.

Garantia definitiva: 4% do orzamento de contrata.

3.-Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: adquisición dunha máquina rozadora.

b) Prazo de suministro: 15 días.

c) Orzamento basae de lciitación: 2.300.000 ptas.

d) Garantía provisional: 46.000 ptas.

Garantía definita: 4% do orzamento de contrata.

4.-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5.- Obtención de documentación e información:

Concello de Castroverde; praza do Concello, 2-CP 27120-Castroverde (Lugo).

Teléfono 982 31 20 80. Fax: 982 31 30 11.

6.-Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

7.-Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello de Castroverde, Praza do Concello, número 2.

8.-Apertura de ofertas: levarase a cabo ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, no salón de sesións da Casa do Concello de Castroverde.

9.-Gastos de anuncios: serán con cargo ó adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se produzan.

Castroverde, 11 de maio de 1998.

Xosé Mª Arias Fernández

Alcalde

3761