Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1998, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia concurso público, por tramitación ordinaria, para a contratación dos expedientes 26 e 28/1998.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca os seguintes concursos públicos plurianuais de subministracións:

Expediente número: 26/1998.

Obxecto: adquisición de reactivos para análise de proteínas e seroloxía reumática con destino a laboratorio. Así mesmo, arrendarase o equipamento necesario para realiza-las determinacións que implican os reactivos obxecto de contratación.

Importe de licitación: 23.028.920 pesetas.

Garantía provisional: 460.578 pesetas.

Expediente número: 28/1998

Obxecto: adquisición de reactivos e arrendamento de analizador automático de bioquímica.

Importe de licitación: 18.323.310 pesetas.

Garantía provisional: 366.466 pesetas.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación.

b) Número dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto: as arriba indicadas.

b) División en lotes: nun único lote, que incluirá a subministración e o arrendamento. (Punto 3.2 da folla de especificacións do prego-tipo).

c) Lugar de entrega: ve-lo punto 1, dependencias do almacén xeral, sito no edificio anexo de administración, estrada San Pedro de Leixa, s/n, en Ferrol.

d) Prazo de entrega: ve-la folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Orzamentos base de licitación.

Importes totais: os arriba indicados para cada expediente.

5. Garantías.

Provisionais: as arriba indicadas para cada expediente.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro de Leixa, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña). Teléfono (981) 33 40 27. Fax (981) 33 40 84.

7. Requisitos específicos do contratista.

As solvencias económica financeira e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados nos anexos I e II do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo límite de presentación: antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: ve-lo punto 1, rexistro xeral.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admite a presentación de variantes.

9. Apertura das proposicións.

Será realizada en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no apartado 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución do contrato: desde o seu asinamento ata o 31 de decembro de 1999 .

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Ferrol, 27 de abril de 1998.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol

4599