Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: R.B.T. Quintela-Ladrados.
Situación: Moaña.
Descricións técnicas: R.B.T. aérea, de 1.188 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. de Quintela e o C.T. de Ladrados, concello de Moaña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 30 de marzo de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
3624