Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Cerámicas El Progreso, S.A., no concello de Malpica (A Coruña), e se inclúe no réxime especial creado polo Real decreto.2366/1994. (Expediente 475/1996).

Visto o escrito presentado pola empresa Cerámicas El Progreso,S.A, con enderezo para efectos de notificacións en r/ Barreira, 2, Buño-Malpica, A Coruña, e tendo en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 4 de xuño de 1996, a referida empresa, adicada á elaboración de productos cerámicos, solicitou a autorización administrativa e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo Real Decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxías renovables, para a planta de coxeración que ten previsto instalar na sua factoría do concello de Malpica (A Coruña). Acompaña a dita solicitude o preceptivo anteproxecto das instalacións, o estudo dos rendementos enerxéticos alcanzables e de aforro de enerxía que se conseguirán coa posta en servicio das instalacións proxectadas e o resto da documentación a que fai referencia o artigo 5.4º do citado R.D. 2366/1994.

As características técnicas básicas da planta de coxeración serán as seguintes:

-Tres motores de combustión interna alternativos alimentados por fuelóleo/gasóleo C, de 1.563 kW cada un; tres xeradores síncronos trifásicos de 1.500 kVA c/u, tensión de xeración 3,3 kV; un centro de transformación r/t 24/3,3, con tres transformadores de 4,5 mVA de potencia total, montado en interior, instalacións de interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora e instalacións complementarias de aproveitamento de calor e de protección eléctrica, mando sinalización e medida.

Segundo.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, de 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, de 30 de decembro, de ordenación do Sistema Eléctrico Nacional, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou resolución do 12 de xuño de 1996 pola que se someteu a información pública a autorización administración da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 26-6-1996 e no BOP da Coruña do 18-6-1996, sin que se presentase no período legalmente establecido para iso alegación algunha.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola dita delegación provincial.

Cuarto.-Na tramitación do presente expediente observáronse as formalidades legais.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de Autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo.-A planta de coxeración proxectada supera os rendimentos enerxéticos mínimos que para o tipo de combustible se establecen no anexo do citado R.D. 2366/1994, siendo realizado o expediente con cumprimento da tramitación regulamentaria.

Terceiro.-Examinada a documentación que obra no expediente, queda de manifesto que debe accederse ó solicitado pola empresa Cerámicas El Progreso, S.A. e, por conseguinte, proceder á autorización administrativa da planta e a recoñecerlle a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2366/1994.

Vistos os preceptos legais e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral, resolve:

1º. Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Cerámicas El Progreso, S.A., a situar nas instalacións da factoría que a dita empresa ten en Buño-Malpica (A Coruña).

2º. Recoñecer á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2366/1994, e incluíla no grupo d) do artigo 2 de dito real decreto.

Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial a dita instalación, a citada empresa deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orden da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 11 do R.D. 2366/1994, presentando a documentación que figura nas instruccións dictadas por esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orden.

O promotor presentará ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, a cal conterá os datos e condicións técnicas para a realizacion das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa

que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir da data da súa publicación.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

3622