Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do plan parcial cambeses (expediente 3577/411).

O Pleno deste Concello de Vigo en sesión celebrada o 2 de marzo de 1998 acordou aprobar definitivamente o Plan Parcial Cambeses de iniciativa municipal que desenvolve o PAU do mesmo nome aprobado definitivamente o 21-3-1997, conforme a documentación elaborada polo arquitecto Ángel Visier Gil con datas de visado do COAG do 10 de marzo de 1995, 25 de febreiro e 13 de marzo de 1997, nos mesmos termos da súa aprobación inicial e coa seguinte precisión:

-Tanto a localización do solo no que debe situarse o aproveitamento que lle corresponde ó concello como a concreta porcentaxe deste fixaranse no proxecto de compensación.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 13 de abril de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

4545