Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial dun estudio de detalle na rúa Pontevedra, 4 (expediente 4692/411)

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 13 de marzo de 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da rúa Pontevedra, 4, conforme a documentación presentada pola sociedade Proyectos Gersa, S.L., e redactado polo arquitecto José Herrero García, e visado polo COAG con data do 22-1-1998, coa excepción de que non se lle outorgará a aprobación definitiva a este estudio de detalle, mentres non se lle conceda a licencia de construcción á parcela contigua no lateral dereito.

Sométese á información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia; nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 3 de abril de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

3676