Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/69-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Gándaras II-Guillarei.

Situación: Tui.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea de 180 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 64/1 desde o que se realiza a derivación ó C.T. Gándaras rematando no C.T. que se proxecta en Gándaras II, concello de Tui. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea de 80 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 30 de marzo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

3611