Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/66-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: desvio L.M.T. en parque empresarial do Pereiro.

Situación: O Pereiro de Aguiar.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV en conductor LA-56, de 666 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Ponte dos Gozos-A Medorra e remate na L.M.T. a Belmonte. L.M.T. aéra a 20 kV en conductor LA-56, de 79 m, con orixe en apoio número 2 da L.M.T. desvío en parque empresarial do Pereiro de Aguiar e remate en apoio de derivación da L.M.T. ó C.T. Fundación San Rosendo. L.M.T. subterránea a 20 kV en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe no apoio número 5 da L.M.T. desvío en parque empresarial O Pereiro e remate na L.M.T.S. existente no parque empresarial do Pereiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 26 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

3253