Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.374

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 2 de abril de 1998 pola que se fixa o prezo de venda ó público de diversas publicacións.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exacccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 nsinala a obriga de que

os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Econonía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 1998.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

-O Consumo de drogas en Galicia IV: 1.575 pesetas.-El Comsumo de drogas en Galicia IV: 1.575 pesetas.-Manual de electrocardiografía para Atención Primaria: 750 pesetas.

3968