Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se aproba o proxecto de execución e se autoriza a Enagás, S.A., a instalación denominada Gasificación do Noroeste: rede da Coruña, addenda III, nos termos municipais de Abegondo, Arteixo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Vistos os escritos e documentación presentados pola empresa Enagás, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, e tendo en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 15 de abril de 1996, a Consellería de Industria e Comercio outorgou a Enagás, S.A. a concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural para usos industriais nos termos municipais de Abegondo, Carral, Cambre, Culleredo, Arteixo, Oleiros, Sada e A Coruña.

Segundo.-Con data do 14 de novembro de 1997, a referida empresa solicitou, ó abeiro do establecido na Lei 10/1987, do 15 de xuño, no artigo 9 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles e para os efectos previstos no artigo 20 do mesmo en relación co Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, a aprobación do proxecto de execución denominado Gasificación de Galicia, ramal e rede da Coruña, addenda III, e a autorización das instalacións descritas nel, xuntando á dita solicitude o preceptivo proxecto de instalacións, que foi redactado conforme o esixido polo Regulamento de redes e conexións de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado por ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994.

A finalidade da presente addenda é incluír como parte integrante do proxecto orixinal as obras correspondentes ás modificacións do trazado e de diámetro habidas na rede da Coruña, motivadas polas novas infraestructuras construídas e atendendo ás alegacións realizadas por organismos e particulares segundo o cambio de usos do solo ou á existencia de edificacións novas na zona.

Tamén se inclúe a modificación na posición I-015.1 da ERM que se converte dun tipo G-1.000 a G-1.600 por necesidades de mercado.

As modificacións no trazado afectan para ós termos municipais de Abegondo, A Coruña, Arteixo, Cam

bre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, e en resume serán as seguintes:

-Ramal principal: vértices VC-6/1 ó VC-16.

Vértices VC-26/1 ó VC-26/5.

Vértices VC-29/1 ó VC-32.

Vértices VC-35A ó VC-56.

O diámetro de todo o ramal aumenta a 14''.

- Ramal 1: vértices VC-14/1 ó VC-14/6.

Vértices VC-36/1 ó VC-38

Vértices VC-43/1 ó VC-43/4.

O diámetro de todo o ramal aumenta a 14''.

- Ramal 1.1: vértices VC-39 ó VC-60/26.

O ramal 1.1.2: e as acom. 1.1.1 e 1.1.2.3 pasan a formar parte do ramal 1.1.

O diámetro do ramal aumenta a 14'' ata o vértice VC-60/33 e a 10'' desde o VC-60/33 ata o VC-69.

- Ramal 1.1.1: vértices VC-60/33 a VC-0/17.

Vértices VC-18/A a VC18/G.

- Acom. A-1.1.1.1: vértices VC-18/G=VC-0 a VC-1.

- Acom. A-1.1.1.2: vértices VC-18/G=VC-0 a VC-1.

- Ramal 1.2: vértices VC-1 ó VC-1/1.

Vértices VC-17 ó VC-33.

O diámetro do ramal aumenta a 10'' ata o vértice VC-17/30 e a 8'' desde o VC-17/30 ata o VC-33.

- Acom. A.1.2.5: vértice VC-17/30.

- Ramal 2: vértices VC-11 ó VC-14.

Vértices VC-21 ó VC-26/A.

Vértices VC-27/A-1 ó VC-36.

Vértices VC-51 ó VC-52.

Vértices VC-53/1 ó VC-56.

- Acom. 2.2: vértices VC-21/17 ó VC-1.

- Acom. 2.5: vértices VC-0 ó VC-4.

- A lonxitude total do ramal principal aumenta en 1.673 m.

- A lonxitude total do ramal 1 e os seus subramais e conexións diminúe nun 1.315 m.

- A lonxitude total do ramal 2 e as súas conexións increméntanse en 352 m.

Así pois, o trazado da rede increméntase nun total de 710 m.

A calidade do aceiro utilizado nas conduccións será do tipo API-5L-X60, para o ramal A Coruña e API-5L-Gr.B para as conduccións das redes, con diámetros de 14'' para o ramal e de 14'' a 2'' para as redes de distribución, en función das condicións da explotación, dotados de revestimentos externos e dispositivos de protección catódica, sendo a presión máxima do gas natural de 80 bar para o ramal de transporte e 16 bar para as redes de distribución.

As conduccións foron deseñadas para transporta-lo caudal de 38.000 Nm/h.

O orzamento suplementario ascende á cantidade de 22.355.946 ptas.

Terceiro.-Por resolución desta dirección xeral de 5 de xaneiro de 1998 someteuse á información pública o referido proxecto xunto coa relación de bens e dereitos afectados, sendo publicada no Diario Oficial de Galicia do 2 de febreiro de 1988, no BOP da Coruña do 27 de febreiro de 1998 e no diario La Voz de Galicia do 30 de xaneiro de 1998 e exposto, igualmente, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Abegondo, Arteixo, Cambre, A Coruña, Culleredo e Oleiros.

Cuarto.-Durante o período legalmente establecido recibíronse as seguintes alegacións ó proxecto:

1) José Lois Martínez, titular do predio C-AX-9/V, e Jesús Manuel Suárez Lois, titular do predio C-AX-10/1V, alegan que non existe razón ningunha para varia-lo primitivo trazado no tramo comprendido entre os vértices VC-18, VC-19 e VC-20, polo que solicitan que se manteña o proxecto orixinal a fin de causarlles menos prexuízo.

2) Dolores Martínez Riveiro, propietaria do predio C-AX-147/1V, expón que o seu predio en realidade está dividido en dúas partes, unha destinada a terra de labor e outra a monte, de menor valor e non afectada polo trazado proposto, polo que propón que o trazado discorra pola estrada que bordea o predio, ou en caso de non ser posible, pola zona do predio destinada a monte.

3) Dolores Veira Méndez, Isidro Veira Méndez e Jesús Veira Méndez, manifestan que o predio C-AX-147/2V, que aparece na relación de bens e dereitos afectados a nome do Concello de Arteixo, é en realidade da súa propiedade, xuntando para o efecto copia de escritura de operacións particionais, polo que solicitan que se lles recoñeza como titulares do citado predio.

4) Cesáreo Coence Fariña, María Bermúdez Matos e Mercedes Martínez Díaz, propietarios dos predios C-AX-161/V, C-AX162/V e C-AX-164/V, manifestan que o trazado proposto atravesa pola metade os seus predios, nos que manteñen plantacións de froiteiras, piñeiros, eucaliptos, causándolles danos irreparables, polo que propoñen que sexa modificada a instalación, desprazándoa á parte lateral dos predios, que estrema co ramal de enlace da autovía Coruña, Carballo ó Polígono de Sabón.

5) Amelia Añón Dopico, titular do predio C-AX-174/V, manifesta que resultan gravemente prexudicados polo trazado do gasoducto, que discorre a unha distancia de 15 - 20 m do ramal de enlace da autopista A Coruña - Carballo, polo que solicita que a instalación se desprace ó noiro do ramal da autopista e que non se conceda á empresa explotadora a condición de utilidade pública.

6) Perfecta Orgeira Dopico, titular dos predios C-AX-175/V, C-AX-176/V e C-AX-177/V, oponse ó trazado do gasoducto por transforma-los seus predios en terreos de escasa ou nula utilidade e a que se concedan á empresa beneficiaria os beneficios de utilidade pública; por último, solicita que no caso de non ser posible modifica-lo trazado, se lle expropien na súa totalidade os predios afectados pola instalación dos tubos.

7) Manuel e Carmen Barros Muíño, propietarios do predio C-CM-57/V, manifestan que nos planos do trazado do proxecto non se reflicte a delimitación real do predio referido. Por outra banda, solicitan que se desprace o vértice previsto no seu predio cara o límite da mesma, a fin de producir un menor prexuízo.

8) Armando Roel González e Josefa González Villar, propietarios dos predios C-CM-58/V, C-CM-60/V e C-CM-61/V, manifestan que o trazado previsto causa un gran prexuízo á edificabilidade dos seus predios, polo que propoñen unha variante da que xuntan plano.

9) Antonio García Boquete, propietario do predio C-CM-110/V, manifesta que o trazado previsto ocupa a práctica totalidade do predio que quedou sen expropiar pola obra da Autovía do Noroeste, polo que solicita que se modifique o trazado facendo discorrer, ben polo camiño de servicio da autovía ou ben pola liña máis próxima ó mesmo ata chegar, en dirección á Coruña, á liña divisoria entre o predio C-CM-111/V, propiedade da súa nai e a contigua. 10) Sara Boquete Rey expón que o predio C-CM-114/V aparece na relación de bens e dereitos afectados como propiedade de José Luis Varela Eiroa, sendo en realidade da súa propiedade, o que acredita mediante copia do título de propiedade a nome do seu marido, xa falecido. Por outra parte, alega que o predio xa foi expropiado parcialmente co motivo das obras da Autovía do Noroeste, polo que solicita que se modifique o trazado facendo discorrer, ben polo camiño de servicio da autovía ou ben pola liña máis próxima ó mesmo ata chegar, en dirección á

Coruña, á liña divisoria entre o predio C-CM-111/V e o contiguo, ou no seu defecto o máis próximo a esta divisoria.

11) Ricardo Mosquera Paris manifesta que na relación de bens e dereitos afectados figura Luis Mosquera Paris como titular do predio C-CM-124/V, sendo el o auténtico propietario.

12) Manuel Rivas Vázquez, titular dos predios C-CM-167/V e C-CM-168/V, expón que é igualmente titular do predio C-CM-166/V, que figura a nome de José Arcai González, o que acredita mediante copia de contrato privado de compravenda, e que os seus predios foron anteriormente expropiados polas obras da Autovía do Noroeste, polo que o presente proxecto vai reducir sensiblemente o valor deles. Por outra banda considera que consideraron unhas franxas de servidume de largo correspondente

á propia autovía, sendo sen embargo un enlace, polo que deben ser menores, co que o trazado do gasoducto quedaría fora desta franxa. Engade que o trazado proposto afecta a dous mananciais sitos no predio C-CM-167/V, que dotan de auga ás vivendas da zona e á explotación agraria, e que quedarán destruídos, causando un grave prexuízo económico. Por todo iso propón que se manteña o trazado orixinal, ou no seu defecto que se aproxime o máis posible ó enlace coa autovía.

13) Jesusa Rodríguez Fernández, titular dos predios C-CM-169/V e C-CM-170/V, manifesta que existe un erro na relación de bens e dereitos afectados xa que o primeiro predio aparece a nome de Jesús en lugar de Jesusa. Por outra parte expón que os seus predios xa foron afectados polo trazado da Autovía do Noroeste, polo que co actual proxecto van ver reducido o seu valor considerablemente. Engade que o trazado discorre fora das zonas de servidume e afección da autovía, xa que se considerou un largo igual que para a autovía, cando se trata dun enlace, polo que debe ser menor. Por último considera que o trazado é moi sinuoso e discorre moi cerca de vivendas, polo que supón un perigo para estas. Por todo iso solicita que se manteña o trazado inicial ou, no seu defecto, que se aproxime a conducción de gas o máis próximo posible ó enlace da autovía.

14) A comunidade de veciños do Vilar manifesta que o trazado proposto entre para os vértices VC-35/62 ó VC-35/67 discorre por un camiño ocupado por un encanamento, protexido con paredes de formigón, para desaugadoiro da Autovía do Noroeste, ademais doutras conduccións e cerramentos de predios. Engade que con este proxecto os seus predios se verán depreciadas, polo que consideran que o trazado debe modificarse, sendo, ó seu entender, a mellor alternativa a de volver ó trazado orixinalmente proposto.

15) Javier Rodríguez Abruñeira, titular do predio C-CM-303/7V, manifesta que o trazado cruza o seu predio en diagonal, causándolle un grave prexuízo ó impedi-la edificación, polo que propón un trazado alternativo bordeando o predio.

16) O Concello de Cambre solicita que o vértice VC-56, que actualmente se propón no predio C-CM-309/V se desprace a un terreo municipal contiguo coa conseguinte variación da canalización, que desta forma discorrería polo lindeiro do predio citada e por unha corredoira pública.

17) Leonardo Deschamps Rumbo, titular dos predios C-CU-7/V e C-CU-8V, solicita que a instalación, que segundo o proxecto se situaría a 2 m dos camiños que bordean os seus predios, se realice na linde do predio co camiño; ademais solicita que o cruzamento do outro camiño, que se realiza máis adiante, se faga á altura do seu predio, a fin de resultar menos prexudicado. Por último, solicita que a tubería se enterre a unha profundidade maior de

50 cm para poder empregar maquinaria agrícola na limpeza da zona de protección.

18) Francisco Castro Cacheiro, titular do predio C-OS-26/V, alega que no proxecto non se respecta unha distancia mínima de 5 m á súa vivenda, xa que está previsto que se instale a 3 m.

19) Miguel García del Valle, propietario do predio C-OS-25/V, solicita que o paso da tubería polo lado sudeste se arrime ó borde do predio e que a súa traxectoria se adapte á curvatura daquel, a fin de prexudicalo o menos posible. Solicita tamén que se evite a corta dun carballo de 30 anos de idade que se atopa dentro da franxa de ocupación temporal. Con respecto ó bordo nordeste, solicita que se reduza o longo da ocupación temporal, de maneira que quede libre o cerramento do predio e as árbores que se atopan na parte interior deste; polo lado noroeste propón que se desprace a franxa de ocupación cara ó outro lado do camiño, afectando ó predio C-OS-22/V, tamén da súa propiedade. Por último solicita que durante as obras se habilite un valo de obra para pecha-lo acceso ó predio e que ó finaliza-los traballos se repoña o terreo ás condicións orixinais. Por último, solicita que se lle cuantifique a afección do predio, xa que cre que hai contradiccións entre os metros de servidume e

ocupación que se citan na relación de bens e dereitos e o que determinan os planos.

As alegacións remitíronse á empresa beneficiaria.

Quinto.-Así mesmo, solicitouse informe dos organismos e entidades competentes sobre determinados bens públicos e servicios que resultan afectados pola mencionada conducción de gas natural, recibíndose contestacións deles indicando as condicións en que deben verificarse as afeccións correspondentes.

Sexto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial de A Coruña.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación coa citada Lei 10/1987, do 15 de xuño, cos decretos 2913/1973, do 9 de decembro e 1775/1967, do 22 de xuño, e en virtude do establecido no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa á Consellería de Industria e Comercio como órgano por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento.

Segundo.-O proxecto cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no citado Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, así como as normas ou regulamentos que as desenvolven, e o Regula

mento de redes e conexións de combustibles gasosos aprobado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación a elas por parte da empresa Enagás, S.A., e o resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1) Enagás,S-.A. procederá a rectifica-los erros de titularidade na relación de bens e dereitos na forma indicada polos alegantes, sen prexuízo de que durante o levantamento de actas previas á ocupación presenten o título orixinal acreditativo da súa condición de propietarios

2) Enagás, S.A: modificará o trazado entre os vértices VC-18-A e VC-18-B aproximándoo máis ó lindeiro sur dos predios C-AX-9/V e C-AX-10/V, propiedade de José Lois Martínez e Jesús Manuel Suárez Lois, sempre que non se creen novas afeccións e tódolos afectados dean a súa conformidade no levantamento das actas previas á ocupación.

3) Non se pode acepta-lo primeiro trazado alternativo solicitado por Dolores Martínez Ribeiro, xa que suporía a creación de novas afeccións a terceiros; non obstante, poderase despraza-lo trazado dentro da parcela da alegante pola zona de bosque de forma que non se creen afeccións novas ou se modifiquen as actuais para ós estremeiros.

4) Non se pode acepta-la alegación presentada por Cesáreo Coence Fariña e outros, xa que é inevitable que o gasoducto, ó discorrer preferentemente por predios rústicos, afecte a plantacións de árbores, sempre coa conveniente indemnización; por outra parte, en canto á afección producida polo gasoducto, hai que sinalar que esta é simplemente de servidume de paso de tubería enterrada, non producíndose división do predio e só existindo unhas prohibicións de plantar árbores e edificar para fectos de seguridade, discorrendo neste caso, ademais, próximo á estrema sur do predio, pola zona de prohibición de edificar da autovía.

5) Non se pode acepta-la solicitude de Amelia Añón Dopico de acerca-la tubería ó noiro do ramal de enlace da autovía, xa que se entraría na zona de servidume dela. Por outra parte, a utilidade pública do proxecto ven declarada polo artigo 10 da Lei 10/1987, do 15 de maio, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos.

6) Non se pode acepta-la solicitude de Perfecta Orgeira Dopico de facer discorre-lo gasoducto pola zona de dominio público do ramal de enlace da autovía. Por outra parte, non procede a expropiación total solicitada, xa que a alegante non aporta ningunha documentación que cuantifique a perda económica que di sufrir coa servidume proposta e que xustifique a súa solicitude, segundo o exposto no artigo 22 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, aprobado por Decreto do 26 de abril de 1947. A afección producida polo gasoducto limítase

a unha servidume de paso subterránea, é dicir, unha vez enterrada a tubería, o terreo restitúese ó seu primitivo estado e o predio queda apta para o seu cultivo, non constituíndose ningún camiño superficial para paso de vehículose persoas sobre a predio, proba diso é que para os valos de peche de tódalas predios afectados se restitúen ó seu estado inicial; por outra parte, a prohibición de construír a 10 m do eixe da tubería non é absoluta, pudendo reducirse esta distancia sempre que previamente se solicite permiso e se cumpran tódalas condicións que fixe o órgano competente da Administración. En canto á utilidade pública do proxecto, esta vén declarada polo artigo 10 da Lei 10/1987, do 15 de maio, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos.

7) A modificación de lindeiros marcados nos parcelarios, solicitada por Manuel e Carmen Barros Muíño, só pode realizarse con consentimento dos colindantes afectados, que non alegaran ningún erro na delimitación dos seus predios, durante o levantamento da acta previa á ocupación. Por outra parte, Enagás, S.A. procederá a despraza-lo vértice previsto na seu predio segundo o solicitado, de forma que non se creen novas afeccións a terceiros.

8) Non se pode acepta-lo trazado alternativo proposto por Armando Roel González e Josefa González Villar, xa que discorre pola zona de camiño da estrada de Pagueiras a Lameira; en segundo lugar, o actual trazado, desde o vértice VC-35A/6 ó VC-30A/10, discorre integramente pola estrema sur do predio dentro da franxa de prohibición de edificar da estrada, polo que non menoscaba as posibles edificacións.

9) Enagás, S.A: realizará unha variante entre os vértices VC-35A/34 ó VC-35A/36 axustándose máis ás estremas, sempre que os propietarios dos predios C-CM-110/V, C-CM-111/V, C-CM-112/V e C-CM-114/V dean a súa conformidade durante o levantamento de actas previas, á que serán previamente citados.

10) Respecto ó trazado do gasoducto non discorre fora da zona de servidume e afección como sinalan Manuel Rivas Vázquez e Jesusa Rodríguez Fernández, por canto o enlace é unha vía rápida que ten a mesma regulación cas autoestradas e autovías, segundo o disposto no Art. 22.1º da Lei de estradas. Non obstante, Enagás,S.A. fará discorre-lo gasoducto máis próximo ó enlace da autovía sempre que os alegantes acrediten a autorización do organismo competente.

11) Enagás, S.A: realizará as obras de forma que afecten o menos posible ós manantiais do predio C-CM-167/V.

12) Enagás, S.A. comprobará a situación, profundidade e características do colector e o camiño sinalados pola Comunidade de Veciños do Vilar; en caso de que non sexa posible a instalación da conducción

de gas procederase a realizar unha variante nese tramo.

13) Enagás, S.A. realizará a variante proposta por Javier Rodríguez Abruñeira sempre que non se creen novas afeccións a terceiros e o propietario do predio colindante C-CM-303/8V dea a súa conformidade durante o levantamento de actas previas á que será previamente citado.

14) Enagás, S.A: realizará a modificación solicitada polo Concello de Cambre de traslada-lo vértice VC-56 a fin de que a canalización discorra polo límite entre os predios C-CM-307 e outra de propiedade municipal, sempre que o cambio non supoña afectar a novos propietarios non incursos no expediente e que a orografía da zona o permita.

15) Non se pode acepta-la alegación presentada por Leonardo Deschamps Rubio, xa que o trazado discorre a 2 m dos camiños colindantes para deixar expeditas as vías de comunicación durante a execución das obras; a afección do gasoducto o predio de referencia é mínima ó tratarse dunha servidume de paso de gas que non supón unha servidume de paso para persoas ou vehículos que puidera dividi-lo predio e que non resta volume edificable. Cabe sinalar que a prohibición de edificar a menos de dez metros do eixe da tubería non é unha prohibición absoluta xa que poderá reducirse esta distancia sempre que se solicite previamente o permiso e se cumpran as condicións fixadas polo órgano competente da Administración.

16) Repecto á alegación de Francisco Castro Cacheiro, hai que sinalar que non existe ningunha normativa aplicable que fixe unha distancia mínima entre unha tubería de gas a presión de menos de 16 bar, como é o caso do ramal que afecta o seu predio, e edificacións existentes. A distancia de 5 m á que se refire é a de prohibición de realizar novas construccións a ambos lados do eixe da tubería e que non é unha prohibición absoluta, pudendo reducirse a distancia previa a solicitude de permiso que se outorgará sempre que se cumpran as condicións que en cada caso fixe o órgano competente da Administración.

17) No que respecta á alegación de Miguel García del Valle, en primeiro lugar hai que sinalar que a afección do gasoducto no seu predio é mínima, xa que este discorre integramente polos seus lindeiros para non interferir coa construcción existente; en canto ó tramo que afecta ó bordo sueste do predio non é posible acercar máis o trazado ó lindeiro, por canto discorre paralelamente a este e suporía traslada-la afección temporal da obra; durante a execución das obras tratarase de evita-la corta do carballo situado na franxa de ocupación temporal, salvo que sexa imprescindible, neste caso, procederase á súa correspondente indemnización. En canto ó tramo que rodea ó borde nordeste do predio, non é posible reduci-lo largo da ocupación temporal das obras ó largo do camiño xa que este, en contra do manifestado polo alegante, ten un largo de 4 m,

segundo o plano parcelario realizado por fotogrametría aérea, que é insuficente para a instalación da tubería de gas; o pechamento restituirase ó seu estado inicial e a relación de árbores afectadas se deberá describir na acta previa á ocupación. Respecto ó tramo noroeste do predio, Enagás, S.A. desprazará o trazado ó predio colindante, sempre que, durante o levantamento de actas previas, o alegante acredite a súa condición de propietario. Durante a execución das obras Enagás, S.A: instalará un valo de obra para pecha-lo acceso ó predio e reporanse os cerramentos afectados ó seu estado inicial.

Terceira.-Enagás, S.A: procederá igualmente a realiza-los cruzamentos e afeccións a organismos públicos de acordo cos condicionados e informes realizados ou, se é o caso, pendentes de realizar.

Por todo o anterior, debe accederse ó solicitado pola empresa Enagás, S.A., e, por conseguinte, proceder a aproba-lo proxecto de execución de referencia nos tramos reflectidos no apartado segundo dos antecedentes, correspondentes ós termos municipais de Abegondo, A Coruña, Arteixo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

Vistos os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral,

RESOLVE

1º Outorgar a Enagás, S.A., a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións que se determinan no Proxecto Gasificación do Noroeste: rede da Coruña, addenda III, nos tramos relacionados previamente, correspondentes os termos municipais de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada, conforme ás seguintes condicións:

Primeira.-As instalacións deberán realizarse conforme as especificacións e planos do proxecto que se aproba.

Segunda.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten os datos básicos do proxecto será necesaria a autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio na Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Terceira.-En todo momento deberá cumprirse canto establece o Regulamento de redes e conexións de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994, así como as Instruccións Técnicas Complementarias ITC-MIG 5.2. Canalizacións de transporte e distribución de gas en alta presión A e ITC-MIG 6.1. Conexións de gas en alta presión, aprobadas pola Orde do 26 de outubro de 1983 e modificadas pola do 6 de xullo

de 1984, normas UNE e demais normativas e directrices vixentes.

Cuarta.-Os materiais e instalacións eléctricas deberán cumpri-lo disposto no Regulamento electrotécnico de baixa tensión e as súas instruccións técnicas complementarias, así como a norma UNE 20.322-86: clasificación de emprazamentos con risco de explosión debido á presencia de gases, vapores e néboas inflamables. O emprazamento de canalizacións deberá realizarse segundo o establecido na norma UNE 60-302. As zonas de seguridade e coeficientes de cálculo estarán de acordo co establecido na norma UNE 60-305, debendo, así mesmo, establecer dispositivos que limiten a presión nas canalizacións para os valores máximos de servicio autorizados.

Quinta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións será de tres meses contados da data en que exista posibilidade legal de ocupación física dos predios afectadas, pudendo solicitar prórroga, en caso necesario, logo da previa a oportuna xustificación.

Sexta.-A Delegación Provincial de Industria e Comercio na Coruña deberá realizar durante as obras e unha vez terminadas estas, as comprobacións e probas que considere necesarias en relación co cumprimento das condicións xerais e específicas establecidas.

Sétima.-O peticionario manterá informada a Delegación Provincial de Industria e Comercio na Coruña de calquera incidencia que se poda producir durante a execución das obras e tamén das datas e fases previstas para a realización de probas e controis regulamentarios, todo iso con antelación suficiente, acreditando posteriormente ante a citada delegación provincial que os ensaios previstos se realizaron por entidades ou persoas legalmente facultadas e con resultado satisfactorio.

Ó finaliza-las obras remitirase á dita delegación provincial o certificado final de dirección de obra, asinado por técnico competente, que acredite que as instalacións cumpren as condicións técnicas e prescricións regulamentarias que lle son de aplicación e que se axustan ó proxecto aprobado e/ou, no seu caso, as modificacións autorizadas, xuntando as actas e certificacións das probas e controis regulamentarios. A delegación provincial, logo de informe do técnico asinado por dita delegación extenderá, se procede, a acta de posta en marcha da instalación.

Oitava.-Para os cruces especiais ou outras afeccións a bens de dominio público realizaranse de conformidade cos condicionados técnicos impostos polos organismos afectados.

Novena.-O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construcción e despois da súa posta en servicio co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Décima.-Para a seguridade das instalacións ás que se refire a presente autorización establécense as seguintes afeccións en relación cos elementos que se mencionan:

Un. Expropiación en pleno dominio dos terreos sobre os que se han de construí-las instalacións fixas en superficie.

Dous. Para as canalizacións:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de catro metros de largo para o ramal de transporte e dous metros de largo para as redes de distribución, por onde discorrerá enterrado o encanamento ou encanamentos que se requiran para a conducción do gas. Esta franxa estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a 50 cm, así como de plantar árbores ou arbustos, a unha distancia inferior a 2 m a contar dende o eixe da tubería.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar acto algún que puidera danar ou perturbar o bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a dez metros do eixe do trazado para o ramal de transporte e cinco metros do eixe do trazado para as redes de distribución, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que en cada caso fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións con pago, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como as obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

B) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos plans parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas ós ditos fins.

Undécima.-A compañía operadora deberá ter un programa de vixilancia, inspección e control para observa-las condicións en que se atopan as canalizacións, debendo manter unha central de avisos atendida permanentemente e dispoñer dun plan de emerxencia escrito que describa a organización e actuación de medios humanos e materiais propios nas situacións de emerxencia. Así mesmo deberá facilitar ós servicios de bombeiros, concellos afectados e organismos con competencias en materia de protección civil, copias dos planos de situación das

canalizacións e características destas. Esta documentación será copia da que debe ter actualizada en arquivo a compañía operadora durante o período de explotación, de acordo co establecido no Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos e demais disposicións complementarias e modificadoras.

Duodécima.-A autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias de competencia doutros organismos ou entidades públicas, necesarios para realiza-las instalacións aprobadas.

Décimo terceira.-A Administración resérvase o dereito a deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas sinaladas polo artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos, pola extinción da concesión da que dimana ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

2º Desestima-la solicitude de expropiación total formulada por Perfecta Orgueira Dopico.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

4540