Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 8 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00294-S-97).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o conselleiro de

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 8 de abril de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00294-S-97

C-3069-AL

Policía municipal

Francisco Otero Peña

2ª fase Elviña, bloque 11,2-5º D

158 A Coruña

O director xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dictou resolución concluíndo o expediente sancionador número XC-00028-O-95 na que impón a Francisco Otero Peña sanción económica de 250.000 pesetas e precintado do vehículo C-3069-AL polo período de tres meses. A través de escrito do 16-4-1996 solicítaselle o gobernador civil da Coruña que adopte as medidas necesarias para a execución do dito precintado. En escrito do 30 de decembro de 1996, do Goberno Civil da Coruña, comunícase que a Guarda Civil de Tráfico da Coruña practicou as xestións para o efecto sen que deran resultado positivo, debido á negativa de Francisco Otero Peña a colaborar, indicando o lugar no que se atopa o citado vehículo así como a facilitar información, para realiza-lo seu precintado. Os feitos expostos son constitutivos dunha infracción moi grave, por obstrucción á actuación dos servicios de inspección.

6-6-1997; 11

Art. 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE número 182, do 31) e Art. 19 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE número 241, do 8 de outubro)Art. 143 Lei

16/1987, Art. 201 Real decreto 1211/1990

250.000 ptas.

3653