Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.329

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 29 de abril de 1998 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Economía e Facenda.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1993, do 10 de abril, o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei. Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios/as que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda (edificio administrativo de San Caetano, bloque terceiro, baixo, Santiago de Compostela), nas súas delegacións territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntarlle á petición un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionado/a, para ocupa-los postos de traballo relacionados no anexo I desta orde, un/ha funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento no que presta servicios, considerándose neste sentido, de non emitirse no prazo de 15 días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma, procederase á adxudicación do posto para o que foi seleccionado/a.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderán

declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade có novo, ou dun mes de tratarse de distinta localidade ou de reingreso ó servicio activo, e este comezarase a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo o prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación desta.

Oitavo.-Contra a presente irde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

da Consellería de Economía e Facenda

ANEXO I

Denominación e código de posto: subdirector xeral de Contabilidade. EFC030000215770001.

Nivel: 30.

C. específico: 2.275.968.

Tipo posto: N.

Grupo: A.

Corpo/escala: A93.

Formación Específ. requisitos Indisp.: 523.

Centro directivo: Intervención Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación e código de posto: subdirector xeral Control Financeiro da Administración da Comunidade Autónoma. EFC030000315770001.

Nivel: 30.

C. específico: 2.275.968.

Tipo posto: N.

Grupo: A.

Corpo/escala: A93.

Formación Específ. requisitos Indisp.: 523.

Centro directivo: Intervención Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

4025