En execución do Plan de Formación da EGAP para 1998 e en uso das atribucións conferidas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, anúnciase a convocatoria dos cursos descritos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:
Primeira.-Solicitudes:
1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que corresponda, a instancia descrita no anexo II.
2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso.
3. O prazo de presentación de instancias será o que se sinala para cada curso no citado anexo I.
4. As solicitudes dirixiranse á Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, 2 - 4, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro da EGAP, no das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública ou en calquera das dependencias previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Segunda.-Acceso ás actividades.
1. Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso.
2. A lista de seleccionados exporase no taboleiro de anuncios da EGAP.
Terceira.-Certificacións de participación.
É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda inasistencia a clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, se ben a inasistencia a máis do 15% das horas lectivas programadas impedirá en todo caso a expedición do certificado correspondente.
2. Para os efectos do debido coñecemento e constancia no seu expediente, o interesado deberá facilitar ós servicios de persoal do seu centro directivo copia da certificación acadada.
Cuarta.-Modificacións.
1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e contido dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades administrativas e demais continxencias de toda índole que poidan xurdir.
Santiago de Compostela, 28 de abril de 1998.
Domingo Bello Janeiro
Director da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO I
CURSO: INGLÉS ELEMENTAL
1. Obxectivos:
Proporcionar uns coñecementos básicos da lingua inglesa.
2. Destinatarios:
Persoal con destino nas administracións autonómica, local, universitaria parlamentaria, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo.
3. Desenvolvemento do curso:
3.1. Duración: 90 horas, en dúas sesións por semana (martes e xoves).
3.2. Lugar: EGAP.
3.3. Datas: de maio a decembro de 1998.
3.4. Horarios: en sesións de tarde (das 17 ás 19 horas).
3.5. Prazas: 20, das que 11 serán para a Administración autonómica, 4 para a local, 2 para a universitaria, 1 para a do Parlamento, 1 para o Consello de Contas e 1 para o Valedor do Pobo.
4. Selección:
Os criterios selectivos que se utilizarán serán os recollidos no apartado A) do anexo á resolución do director da EGAP, do 23-6-1994 (Diario Oficial de Galicia nº 149, do 3-8-1994).
5. Contido:
Vocabulario. Pronuncia. Estructuras gramaticais. Comprensión básica. Formular e contestar preguntas. Análise de situacións concretas da vida corrente.
6. Prazo:
O prazo de presentación de instancias será de 15 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
CURSO: INGLÉS MEDIO
1. Obxectivos:
Proporcionar uns coñecementos da lingua inglesa a un nivel medio, de xeito que permita establecer contactos esporádicos na dita lingua e conseguir unha comunicación e comprensión con certo grao de eficacia.
2. Destinatarios:
Persoal con destino nas administracións autonómica, local, universitaria, parlamentaria, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo.
3. Desenvolvemento do curso:
3.1. Duración: 90 horas, en dúas sesións por semana (martes e xoves).
3.2. Lugar: EGAP.
3.3. Datas: de maio a decembro de 1998.
3.4. Horarios: en sesións de tarde (das 17 ás 19 horas).
3.5. Prazas: 20, nunha proporción idéntica á establecida no curso de inglés elemental.
4. Selección:
Farase de conformidade co previsto no penúltimo parágrafo do apartado A) do anexo á resolución do director da EGAP, do 27-6-1994 (Diario Oficial de Galicia nº 149, do 3-8-1994).
Neste sentido, a selección dos participantes virá determinada pola realización, ó día seguinte ó da
expiración do prazo de presentación de instancias, dunha proba escrita, na que se comprobará que os aspirantes se axustan ó nivel medio de coñecementos de inglés requirido polo contido do curso, de xeito que se poida formar un grupo homoxéneo que permita o axeitado desenvolvemento daquel. A dita proba realizarase ás 17 h. do día descrito, na sede da EGAP, nas aulas que se determinen oportunamente.
5. Contido:
Solicitar ou dar información. Expresión e comprensión de pensamento obxectivo e subxectivo. Persuasión. Usos sociais da lingua. Descrición. Emprego de estructuras temporais.
6. Prazo:
O prazo de presentación de instancias será de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
4012