Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/67-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Seixo-Beade.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV, de 440 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 11 da L.M.T. o C.T Portoloureiro, rematando no C.T.que se proxecta en Seixo-Beade, concello de Vigo. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea de 50 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 30 de abril de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

3694