Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/4-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Vide-Troncoso.

Situación: Castrelo de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, de 20 kV, de 96 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe en apoio número 6 da L.M.T. Freas-Astariz e remata no C.T. aéreo proxectado de Vide. L.M.T. aérea de 20 kV, de 195 metros de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe no apoio número 22 da L.M.T. Freas-Astariz e remata no C.T. aéreo proxectado de Troncoso. C.T. proxectado de Vide, de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. C.T. proxectado de Troncoso, de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea proxectada do C.T. aéreo de Vide.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 26 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

3252