Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.255

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 27 de abril de 1998 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio.

Convocada por Orde do 27 de febreiro de 1998 (DOG nº 53, do 18) a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da dita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio, anunciada pola Orde do 27 de febreiro de 1998 (DOG nº 53, do 18 de marzo).

Segundo.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo á presente orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-O centro onde cause alta o funcionario realizará, dentro dos prazos reflectidos no apartado anterior, a dilixencia de toma de posesión.

Quinto.-Declarar deserto o posto de xefe de Servicio de Xestión Industrial.

Sexto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicándolle previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1998.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

NRP: 3490886924A 2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Fernández Pérez, Francisco José.

Denominación do posto de traballo: xefe Servicio Xestión Económica.

Centro directivo: Delegación Provincial.

Localidade: A Coruña.

Corpo/Escala: Xeral.

Nivel: 28.

C. específico:1.405.752.

NRP: 3425185402 A2059.

Grupo:D.

Apelidos e nome: Sarabia Fernández, Andrea.

Denominación do posto de traballo: secretaria delegado.

Centro directivo:. Delegación Provincial.

Localidade:A Coruña.

Corpo/Escala: Xeral.

Nivel: 16.

C. específico:502.080.

3606