Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.235

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de obradoiros e despachos de confeiterías, pastelerías, resposterías e pratos cociñados da provincia de Pontevedra.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector de obradoiro e despachos de confeiterías, pastelerías, reposterías e pratos cociñados, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-3-1998, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios Artesanos de Pastelería y Panificación, e da parte social polas centrais sindicais CC.OO., CIG e UGT, con data do 19-1-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 31 de marzo de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo para obradores e despachos de confeiterías, pastelerías, resposterías e pratos cociñados para a provincia de Pontevedra.

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito persoal e funcional.

O presente convenio regula as relacións laborais nas actividades industriais e comerciais de confeitería, pastelería, doces, repostería e pratos cociñados.

Os traballadores das empresas dedicadas a esas actividades, tanto os de obrador como o persoal mercantil, réxense por este convenio.

O aquí non regulado acollerase ó acordo marco sectorial publicado por Resolución do 13-2-1996.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

A eficacia e obrigatoriedade do presente convenio abrangue cantas empresas e sucursais estean establecidas e domiciliadas dentro dos límites da provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Vixencia e prórrogas.

Este convenio producirá efectos económicos plenamente a partir do 1 de decembro de 1996 ata o 30 de novembro de 1998.

A súa duración será de dous anos, é dicir, desde o 1 de decembro de 1996 ata o 30 de novembro de 1998.

Concluída esta duración, prorrogarase de ano en ano, sen prexuízo da revisión económica. Se foi debidamente denunciado, manterase en vigor ata que haxa un novo convenio.

Artigo 4º.-A denuncia farase por calquera das partes cunha antelación mínima de dous meses á data do seu remate.

A dita denuncia tará que facérselle por escrito á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

1. Establécese unha comisión paritaria, que tará as seguintes funcións:

a) As de medición, arbitraxe e conciliación nos conflictos individuais ou colectivos que lle sexan sometidos e as dimanadas das redaccións dos acordos do presente convenio.

b) As de interpretación e aplicación do pactado.

c) As de seguimento do conxunto dos acordos.

2. Os acordos a que se chegue na comisión paritaria en cuestións relacionadas co presente convenio considéranse parte del e terán a súa mesma eficacia e obrigatoriedade. Tales acordos remitiránselle á autoridade laboral para o seu rexistro.

3. A comisión paritaria queda composta por 5 membros da Asociación Provincial de Emprsarios Artesanos de Pastelería y Panificación (Arpaspan) e por 5 membros da representación social. Os membros da dita representación social serán dos sindicatos que corresponda en proporción ó número de representantes nas empresas deste convenio. Poderá asistir cun asesor, con voz pero sen voto.

4. Ámbalas partes asinantes deste convenio comprométense, no prazo máximo de 20 días, a partir da sinatura do presente convenio, a reunirse para elabora-lo seu Regulamento de funcionamento da comisión paritaria.

II. Réxime de traballo

Artigo 6º.-Xornada de traballo.,

A xornada semanal de traballo será de 40 horas semanais, tanto para a xornada continuada como para

a xornada partida, sendo a xornada dominical de 4 horas.

A xornada dominical para o persoal mercantil será, exclusivamente para eles, das 9 ás 14 horas.

Nos días laborables, a xornada de traballo para o persoal mercantil non poderá prolongarse máis das 21 horas.

Cando a xornada normal de traballo se realiza de forma continuada, establecerase un período de descanso de polo menos 15 minutos.

Artigo 7º.-Días de inactividade obrigatoria.

Consideraranse días de inactividade laboral obrigatoria os seguintes:

-Día 27 de abril: festividade da padroeira do gremio.

-Día 25 de decembro: festividade da Natividade do Señor.

-Día 1 de xaneiro.

-Día 1 de maio: festa do traballo.

Se por necesidades da empresa o traballador decidiese traballar, terá dereito, ademais de á percepción económica como festivo, a 1 día máis de vacacións.

Artigo 8º.-Vacacións.

O persoal acollido ó presente convenio terá dereito a desfrutar dunhas vacacións anuais retribuídas conforme as seguintes condicións:

1. As vacacións terán unha duración de 31 días naturais para todo o persoal afectado, calquera que sexa a súa clasificación profesional.

2. O salario que se percibirá durante o período de vacacións calcularase sobre o salario base do convenio máis antigüidade.

3. O período de vacacións será concedido de común acordo entre a empresa e o traballador en épocas que tradicionalmente non teñan unha especial actividade no sector, de forma rotativa, pero preferentemente no verán.

4. O persoal de baixa por incapacidade temporal, con independencia da causa motivadora, disporá ou desfrutará da totalidade das vacacións, sempre que a súa reincorporación ó traballo se produza dentro do mesmo ano.

Artigo 9º.-Ingresos ou cesamentos.

Todo traballador, salvo pacto en contrario, ingresará a título de proba e a súa duración será a seguinte:

-Persoal técnico: tres meses.

-Persoal administrativo: un mes.

Persoal mercantil: un mes.

-Persoal non cualificado: 15 días.

Transcorrido o período de proba sen denuncia por ningunha das partes, o traballador continuará na

empresa baixo as condicións establecidas no presente convenio.

Os cesamentos dentro da empresa deberán ser comunicados polos traballadores e por escrito con 15 días de antelación; sen este requisito a empresa podera descontar da liquidación do productor afectado o importe das retribucións diarias por cada día de atraso no aviso.

Artigo 10º.-Licencias retribuídas.

O persoal terá dereito a desfrutar da licencia retribuída nos casos que a seguir se establecen:

a) Matrimonio do productor: 15 días naturais.

b) Parto de esposa ou nacemento de fillos legalmente recoñecidos como tales polo traballador: 5 días naturais.

c) Intervención cirúrxica de pais, sogros, fillos ou cónxuxes: 5 días naturais.

d) Falecemento do cónxuxe, pais, sogros ou fillos: 5 días.

e) Para a atención de asuntos propios, ineludibles e de grande importancia, segundo as necesidades e desprazamentos: 1 a 6 días.

f) Por cambio de domicilio: 1 día.

g) Visita médica para asistencia persoal ou de fillos menores, cando coincida co horario de traballo, as horas necesarias, sendo preceptivo que o volante estea datado e asinado polo médico, facéndose consta-la hora de finalización da consulta.

h) Estudios: o tempo necesario para exames segundo o Estatuto dos traballadores.

Artigo 11º.-Persoal eventual.

Salvo nos casos de reserva da praza por enfermidade ou deber inescusable de carácter público, o contrato de traballo eventual non poderá ter unha duración superior a doce meses e pasado o dito prazo e sen necesidade de ningunha denuncia, o productor converterase automaticamente en fixo, agás as normas de rango superior que contradigan o anteriormente mencionado. O persoal eventual deberá ser necesariamente contratado por escrito ante a oficina de emprego.

Artigo 12º.-Igualdade no traballo.

Respectarase o principio de igualdade en tódolos postos de traballo, tanto para o home como para a muller, sen ningunha discriminación, desparecendo calquera trato de desigualdade tanto favorable como adverso que tivese a muller, por calquera causa.

III. Condicións económicas

Artigo 13º.-Salario base.

Será o que se estableza exclusivamente para cada categoría en cada período anual, reflectido na correspondente columna de táboa salarial do anexo. Cada

período anual contará cunha táboa salarial actualizada.

Artigo 14º.-Antigüidade.

Consistirá en cuadrienios ó 6 por cento sobre os salarios bases do convenio.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias dunha mensualidade de salario base e antigüidade. Serán:

-A do 15 de xullo, que se aboará antes desa data e se devengará o 30 de xuño.

-A do 23 de decembro, que se pagará antes desa data e se devengará o 30 de novembro.

-A de beneficios, que se aboará en marzo, aínda que se poderá fraccionar en dúas metades, que se pagarán en marzo e setembro.

Estas pagas devengaranse en proporción á anualidade precedente de contrato, e os períodos habidos de incapacidade temporal non afectarán a contía delas.

Artigo 16º.-Axuda por xubilación.

A todo o persoal que se xubile con 15 anos como mínimo de servicio na empresa aboaráselle como premio de xubilación:

-150.000 ptas.: 65 anos.

-200.000 ptas.: 64 anos.

-250.000 ptas.: 63 anos.

-300.000 ptas.: 62 anos.

-350.000 ptas.: 61 anos.

-400.000 ptas.: 60 anos.

Artigo 17º.-Axuda por defunción.

As empresas afectadas polo presente convenio subscribirán, con efecto desde o 1 de xaneiro de 1998, unha póliza de seguro colectivo, con primas íntegras ó seu cargo, que cubran as seguintes continxencias e indemnizacións a tódolos seus traballadores:

-Morte: cun millón de pesetas.

-Invalidez permanente: que comporte cesamento forzoso na empresa, un millón de pesetas.

A indemnización de morte faráselle efectiva ó seu cónxuxe, ós seus descedentes ou ós seus ascendentes, por esta orde.

Artigo 18º.-Plus de transporte.

En compensación dos gastos de transporte que terá que realiza-lo traballador para se desprazar ó seu posto de traballo, as empresas aboaranlle a cada un deles a cantidade de 250 ptas. para o ano 1997 e 263 ptas. para o ano 1998. Esta cantidade aboarase por día efectivamente traballado. A contía deste plus actualizarase automaticamente segundo o prezo dos billetes ordinarios de autobús urbano de Vigo.

Artigo 19º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias aboaranse co 75% de recarga sobre o salario total da táboa salarial correspondente á hora ordinaria.

A recarga das horas extraordinarias traballadas en domingo e as do traballo dos festivos será, en todo caso, do 150%.

Para efectos do cálculo de recarga, o salario da hora ordinaria é o que resulte de dividi-lo total salarial anual entre 1.770 horas.

Cada tamén que o traballador opte por compensa-las horas extraordinarias traballadas por tempos equivalentes a descanso retribuído incrementados nas porcentaxes correspondentes citadas.

Artigo 20º.-Complemento en caso de incapacidade temporal.

Durante as situacións definidas como incapacide temporal na Seguridad Social, a empresa aboará desde o primeiro día de baixa do traballador afectado o 75 por cento do salario base máis antigüidade, e apartir do 10º día dela, o 100 por cento do dito salario base máis antigüidade. En caso de maternidade, ingreso hospitalario, accidente de traballo ou enfermidade porfesional aboarase ese 100 por cento desde o primeiro día.

Artigo 21º.- Axudas de custo.

Terá dereito a axuda de custo o traballador que mediante orde expresa do empresario ou persoa que o represente se vexa obrigado a realizar asuntos ou traballos de carácter profesional por conta da empresa, con desprazamentos a lugares distantes do centro de traballo que lle imposibiliten o seu regreso, tendo que comer ou aloxarse neses lugares.

A contía será:

-Axuda de custo completa: 4.200 ptas.

-Xantar: 1.300 ptas.

-Cea: 1.300 ptas.

-Cama: 2.000 ptas.

-Almorzo: 400 ptas.

Artigo 22º.-Axuda escolar.

Todo traballador con fillos entre 2 e 8 anos inclusive percibirá, en concepto de axuda de escolarización, a contía de 4.200 para o ano 1997 e outras tantas para o ano 1998, por cada un deles.

O traballador que en abril de 1991 adquirise o dereito a plus de incapacidade por fillo minusválido manterao nos termos do convenio de 1990.

IV. Disposicións varias

Artigo 23º.-Altas na Seguridade Social.

A empresa estará obrigada a lles entregar ós traballadores unha fotocopia da alta deles na Seguridade Social, para o que disporá dun prazo de tres semanas desde a súa incorporación ó traballo.

Así mesmo, a empresa estará obrigada a mosar cada mes seguinte os TC/2 de cotización.

Artigo 24º.-Seguridade e saúde laboral.

As obrigas establecidas na Lei de prevención de riscos laborais, do 8-11-1995 e os seus regulamentos, teñen que se concretar en cada empresa antes do remate de 1997 no tocante ás esixencias establecidas nos capítulos III e IV da dita lei sobre plan e programa de actuación preventiva, avaliación de riscos, plan de emerxencia, información e formación dos traballadores, vixilancia da saúde deles en relación ós riscos; para o efecto designará o traballador ou traballadores que se ocuparán da prevención, ou farase cargo persoalmente o empresario, ou proverase dun servicio de prevención ou encargarallo á súa mutua de AT e EP.

A empresa que conta con delegado de persoal coidará de facilita-lo cumprimento que a el lle corresponde das funcións de delegado prevención.

Artigo 25º.-Roupa de traballo.

Con carácter xeral, as empresas suxeitas ó presente convenio colectivo proverán o persoal ó seu servicio, obrigatoria e gratuitamente, do seguinte número de pezas ó ano:

a) Dúas chaquetas curtas.

b) Dous pantalóns.

c) Catro mandís.

d) Dous gorros.

O seu uso será obrigatorio. O persoal mercantil e de obrador tamén terá a obriga de a conservar en bo estado.

O persoal mercantil será provisto da roupa necesaria para o desempeño da súa función laboral.

Artigo 26º.-Excedencias e suspensións de contrato.

No tocante a excedencias e outras suspensións de contrato haberá que se ater ó que establece o Estatuto dos traballadores nos seus artigos 45 a 48, matizando que o período mínimo da excedencia voluntaria será de 1 ano e só pode ser por menos se median fundamentos serios de orde familiar, de estudios, etc. O establecido no artigo 46, apartado 3º do Estatuto dos traballadores, no caso de excedencia por fillo menor, queda ampliado o atribuído ó primeiro ano a un período máximo de tres anos.

O tempo empregado no servicio militar ou na prestación social substitutoria compútase para efectos de antigüidade na empresa.

Artigo 27º.-Comité de empresa.

A empresa facilitará local adecuado, en caso de que se dispoña del, para reunións e consultas do delegado ou comité de delegados cos traballadores, así como un mural para poñer comunicados, avisos, carteis, etc.

Artigo 28º.-Dereitos sindicais.

Haberá que aterse ó disposto na vixente Lei orgánica de liberdade sindical de 1985.

Con motivo da negociación do convenio dos membros de cada sindicato terán, con coñecemento do empresario ou encargado, fácil acceso ós traballadores de cada empresa nos propios centros de traballo para informacións breves colectivas, convocatorias ou entregas de comunicados a cada un, ó principio ou ó final da xornada ou en momentos intermedios de actividade non intensa.

V. Disposicións derradeiras

Artigo 29º.-Garantía ad personam.

Polo presente convenio e en concreto por este artigo, respectaranse as condicións persoais que, globalmente consideradas, excedan do pacto no seu contido económico ou social, manténdose estrictamente ad personam.

Artigo 30º. Partes asinantes.

O presente convenio foi concertado pola Asociación Provincial de Empresarios Artesanos de Pastelería y Panificación (Arpaspan) de Pontevedra e polas centrais sindicais CC.OO, CIG e UGT.

Artigo 31º.-Categorías e ascensos.

No persoal de obrador, os postos de oficial de primeira cubriranse: o 50% por antigüidade e o resto por libre designación da empresa; en ámbolos casos, logo de proba de aptitude entre o persoal da categoría inmediata inferior. Os aprendices, unha vez superado ou período de aprendizaxe, pasarán á categoría de oficial de segunda se houbese vacante ou de axudante noutro caso por un prazo máximo de dous anos, ó final do cal adquirirá a categoría de oficial de segunda.

No persoal mercantil, o aprendiz, concluído o período de aprendizaxe, pasará automaticamente á categoría de axudante. Se con carácter permanente o axudante realiza funcións específicas do dependente, recoñeceráselle esta categoría, coa retribución correspondente ó dependente de máis de 22 anos. Os axudantes pasarán automaticamente á categoría de dependentes ó cumpriren os 22 anos. Nos establecementos, por cada catro depedentes haberá un dependente maior, designado libremente pola empresa entre os dependentes maiores de 22 anos.

Os aspirantes pasarán automaticamente á categoría de auxiliares administrativos ó cumpriren os 18 anos. A vacante de oficial administrativo proverase por antigüidade, logo de exame de aptitude entre os auxiliares. Cando non exista máis ca un empregado administrativo, pasará á categoría superior ós catro anos de actuar como auxiliar.

A aprendizaxe ou contrato de formación, tanto de persoal mercantil como de obrador, non poderá durar máis dun ano. Se o contratado é maior de 18 anos ou conta con diploma ou certificados de estudios de escolas de formación profesional, o seu contrato

de formación non poderá durar máis de seis meses e o seu soldo será igual ó asinado ó peón de obrador.

Artigo 32º.-Canon de negociación de convenio.

Tódalas empresas incluídas no ámbito funcional do presente convenio contribuirán necesariamente a sufraga-los gastos de negociación del cunha cantidade de 1.000 ptas. por traballador e ano de vixencia do convenio.

Esta cantidade seralle aboada á Asociación Provincial de Empresarios Artesanos de Pastelería y Panificación (Azpaspan) de Pontevedra.

Artigo 33º.-Contratos de duración determinada.

Contratos de duración determinada: regulados no artigo 15 b) do Estatuto dos traballadores.

Estes contratos poderán ter unha duración máxima de doce meses, dentro dun período de quince meses.

Artigo 34º.-Regulamentacións administrativas.

Os traballadores e empresarios deberán dar cumprimento da forma máis estricta daquelas prescricións legais contidas no Regulamenteo de manipuladores de alimentos ou calquera outra de aplicación.

Artigo 35º.-Pacto de non concorrencia.

Estimarase a existencia de concorrencia desleal na conducta dos traballadores, cando estes presten os seus servicios noutra empresa do sector adicada á mesma actividade ou a desempeñe a título persoal.

Tal competencia desleal considerarase como falta moi grave e será sancionada de acordo co previsto nas normas establecidas para o efecto.

Artigo 36º.-Organización do traballo.

A organización práctica do traballo correspóndelle ó empresario ou á dirección da empresa en que esta delegue.

Táboas salariais que rexerán desde o 1-12-1996 ó 30-11-1997

Incremento 2,8%

Categorías profesionaisSalario base

Persoal de obrador:

Mestre de obrador111.827
Encargado111.827
Oficial técnico de 1ª101.881
Oficial de 1ª101.881
Oficial de 2ª84.649
Axudante78.362
Peón75.435
Aprendiz58.878

Persoal de acabado e empaquetado:

Encargado102.486
Auxiliar de máis de 18 anos79.727
Auxiliar de menos de 18 anos58.878
Aprendiz de 16 a 18 anos58.878

Persoal de oficios varios:

Oficial de primeira102.486
Oficial de segunda83.239

Categorías profesionaisSalario base

Oficial de terceira78.362
Aprendiz de 16 a 18 anos58.878

Subalternos:

Vixilante (mercantil)92.604
Vixilante (Obrador)76.736
Sereno92.604
Muller de limpeza (por horas)

Administrativos:

Xefe de primeira115.069
Xefe de segunda109.915
Oficial de primeira105.921
Oficial de segunda90.458
Auxiliar80.536
Aspirante59.659

Persoal mercantil propiamente dito:

Corredor de praza87.854
Dependente84.649
Dependente maior87.854
Axudante79.518
Aprendiz de 16 a 18 anos59.060

Táboas salariais que rexerán desde o 1-12-1997 ó 30-11-1998

Incremento 2,8%

Categorías profesionaisSalario base

Persoal de obrador:

Mestre de obrador114.958
Encargado114.958
Oficial técnico de 1ª104.734
Oficial de 1ª104.734
Oficial de 2ª87.019
Axudante80.556
Peón77.547
Aprendiz de 16 a 18 anos60.527

Persoal de acabado e empaquetado:

Encargado105.356
Auxiliar de máis de 18 anos81.959
Auxiliar de menos de 18 anos60.527
Aprendiz de 16 a 18 anos60.527

Persoal de oficios varios:

Oficial de primeira105.536
Oficial de segunda85.570
Oficial de terceira80.556
Aprendiz de 16 a 18 anos60.527

Subalternos:

Vixilante (mercantil)95.187
Vixilante (Obrador)78.885
Sereno95.197
Muller de limpeza (por horas)

Administrativos:

Xefe de primeira118.291
Xefe de segunda112.993
Oficial de primeira108.887
Oficial de segunda92.991
Auxiliar82.791
Aspirante61.329

Persoal mercantil propiamente dito:

Corredor de praza90.314
Dependente87.019
Dependente maior90.314
Axudante81.745
Aprendiz de 16 a 18 anos59.686

3128