Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 13 de maio de 1998 Páx. 5.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 maio de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da asistencia técnica para estudio da situación dos vertedoiros de residuos sólidos urbanos de Galicia e elaboración de propostas de recuperación.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: estudio da situación dos vertedoiros de residuos sólidos urbanos de Galicia e elaboración de propostas de recuperación.

2.2. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1998.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: 3.500.000 ptas., IVE incluído.

4. Fianza provisional.

2% do orzamento da contrata, (70.000 pesetas).

5. Fianza definitiva.

4% do orzamento da contrata, (140.000 pesetas).

6. Clasificación: non é necesaria.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación:

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: r/ Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

7.2. Información:

a) Teléfono: (981) 54 17 49.

b) Domicilio: r/ Basquiños nº 2.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: r/ Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o último día de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García Tuñón

Secretario xeral de Medio Ambiente

4344