Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 13 de maio de 1998 Páx. 5.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/337-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: R.B.T. de Pite.

Situación: Teo.

Descricións técnicas: liña de baixa tensión aérea de 2,649 km con orixe no centro de transformación aéreo Xermade, en conductor R.Z sobre apoios de formigón. Liña de baixa tensión aérea de 3,354 km con orixe no centro de transformación aéreo de Pite, en condutor R.Z sobre apoios de formigón. Liña de baixa tensión aérea de 5,518 km con orixe no centro de transformación Vilariño-Campos, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón e fibra de vidro. Liña de baixa tensión aérea 0,87 km con orixe no centro de transformación caseta instituto Cacheiras, conductor R.Z. sobre apoios de formigón. Liña de baixa tensión aérea 4,19 km con orixe no centro de transformación aéreo de Raris, conductor R.Z. sobre apoios de formigón e fibra de vidro.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 1 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3415