Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 13 de maio de 1998 Páx. 5.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/330-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.I. e R.B.T. Brantuas de Abaixo.

Situación: Ponteceso.

Descricións técnicas: L.M.T aérea a 15/20 kV de 0,07 km con orixe en apoio número 11 da L.M.T. Nemeño-Corme e final no C.T.I. Brantuas de Abaixo, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T. de 100 kVA 20.000/380-220 V en Brantuas de Abaixo. L.B.T. aérea de 0,08 km co orixe no C.T.I. Brantuas de Abaixo en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 1 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3416