Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 13 de maio de 1998 Páx. 5.186

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1998 pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios (praza 98/028 e trece máis).

De acordo co establecido no artigo 38.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), polo que se regulan os concursos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, este rectorado resolveu convocar a concurso as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), corrixido parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño; Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985) e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós ditos concursos cómpren os seguintes requisitos xerais:

a) Ser español. Non obstante, poderán participar en idénticas condicións que os españois:

Os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, logo de acreditación da nacionalidade conforme o disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea e demais normativa de desenvolvemento.

Logo de acreditación, os nacionais daqueles estados nos que en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa aplicable a libre circulación de traballadores nos termos en que esta está definida no Tratado Constitutivo da Unión Europea.

b) Ter cumpridos dezaoito anos e non ter cumpridos os setenta.

c) Non ter sido separado, por expediente disciplinario, do servicio da Administración do Estado ou da Administración Autónoma institucional ou local, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

d) Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes a profesor de universidade.

Terceira.-Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º ou 2º, do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría das prazas e a clase do concurso e, se é o caso, titulación suficiente debidamente recoñecida polo Ministerio de Educación e Ciencia para o exercicio profesional en España como profesor universitario.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, de acordo co previsto no artigo 4.1º c) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acredita-lo feito de seren eximidos de tales requisitos.

Non poderán concursar ás prazas de profesor titular de universidade os que estivesen contratados durante máis de dous anos como axudante desta universidade, coas excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto (Boletín Oficial del Estado do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Cuarta.-Os que desexen tomar parte neste concurso remitiranlle a correspondente solicitude ó rector da Universidade da Coruña por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), no prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado mediante instancia, segundo o modelo do anexo II debidamente cuberto, xunto cos documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á de expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Os aspirantes deberán xustifica-lo aboamento na conta corrente 17957982, concursos-oposicións, Caixa Postal, oficina principal da Coruña, a cantidade de 9.180 pesetas por dereitos de inscrición, xuntándolle á solicitude o resgardo acreditativo do ingreso.

Quinta.-Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), remitiralle a tódolos aspirantes unha relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas da exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar unha reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sexta.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a constitución, dictará unha resolución que lles deberá ser notificada a tódolos interesados cunha anticipación mínima de 15 días naturais respecto da data do acto para o que son citados, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, os suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución dela.

b) Tódolos aspirantes admitidos para participar no concurso, para realizaren o acto de presentación dos concursantes e con fixación do día, hora e lugar de celebración do dito acto.

Sétima.-No acto de presentación os concursantes entregaranlle ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, corrixido polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, se é o caso, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Oitava.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na secretaría xeral da universidade, no prazo dos quince días hábiles seguintes ó de concluí-la actuación da comisión, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade, ou documento equivalente de ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

b) Certificación médica oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.

c) Declaración de que non foi separado da Administración do Estado, institucional ou local, nin das administracións das comunidades autónomas, en virtude de expediente disciplinario, e non atoparse inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os que tivesen a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustificar tales documentos e requisitos, e deberán presentar unha certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da súa condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na súa folla de servicios.

A Coruña, 6 de abril de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

Praza número: 98/028.

Número de prazas: 1.

Corpo: catedrático de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: organización de empresas.

Departamento ó que está adscrita: Análise Económica.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en dirección estratéxica e política de empresa.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 98/029.

Número de prazas: 1.

Corpo: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: medicina.

Departamento ó que está adscrita: Medicina.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en medicina. Perfil xerontoloxía clínica e social.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 98/030.

Número de prazas: 1.

Corpo: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: radioloxía e medicina física.

Departamento ó que está adscrita: Medicina.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en afeccións médico-cirúrxicas I e II.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 98/031.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía inglesa.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Inglesa.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en literatura inglesa.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 98/032.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: psicoloxía evolutiva e da educación.

Departamento ó que está adscrita: Psicoloxía Evolutiva e da Educación.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en intervención psicopedagóxica no medio familiar.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 98/033.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: psicoloxía evolutiva e da educación.

Departamento ó que está adscrita: Psicoloxía Evolutiva da Educación.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en psicoloxía da educación.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 98/034.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: máquinas e motores térmicos.

Departamento ó que está adscrita: Ciencia de Materiais, Náuticas, Máquinas e Motores Térmicos.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en mantemento, tecnoloxía do mantemento, mantemento do buque, tecnoloxía mecánica e métodos de soldadura.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 98/035.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería mecánica.

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería Naval e Oceánica e Enxeñería Mecánica.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en resistencia de materiais.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 98/036.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: medicina.

Departamento ó que está adscrita: Medicina.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en medicina. Perfil oncoloxía médica.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 98/037.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: medicina.

Departamento ó que está adscrita: Medicina.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en medicina. Perfil cardioloxía.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 98/038.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: medicina.

Departamento ó que está adscrita: Medicina.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en medicina. Perfil medicina interna.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 98/039.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: lingua española.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Española e Latina.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en historia do Español.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 98/040.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: bioloxía celular.

Departamento ó que está adscrita: Bioloxía Celuar e Molecular.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en citoloxía e histoloxía animal e vexetal.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 98/041.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: construccións arquitectónicas.

Departamento ó que está adscrita: Construccións Arquitectónicas.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en construcción I.

Clase de convocatoria: concurso.

3389