Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 13 de maio de 1998 Páx. 5.170

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a adxudicación de trece bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades convocadas por Orde do 13 de febreiro de 1998 (DOG número 46 do 9 de marzo).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión celebrada o 23 de abril de 1998 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de bolsas de

colaboración en diversos proxectos de investigación que se desenvolverá no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, segundo convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG número 46, do 9 de marzo de 1998, e de conformidade co establecido na base terceira na referida orde de convocatoria, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder trece bolsas de colaboración para os distintos proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, segundo se detallan no anexo I á presente resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base segunda da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o apartado anterior será de 122.000 pesetas, coa retención fiscal que corresponda, durante o período comprendido entre o 1 de maio de 1998 e o 31 de decembro de 1998.

Terceira.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicacións da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1998.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística

ANEXO

-Proxecto I: Arquivo Galicia Medieval

Apelidos e nome do bolseiro: Vilariño Martínez, Agustín.

NIF: 36085462A.

-Proxecto II: Dimensións da identidade colectiva en Galicia.

Apelidos e nome da bolseira: Roig Sanchez, Blanca Ana.

NIF: 36132406G.

-Proxecto III: Catalogación informática dos fondos bibliográficos do centro.

Apelidos e nome da bolseira: Pazos García, Mª Lourdes.

NIF: 33272484V.

-Proxecto IV: Construcción dun sintetizador texto-voz en galego.

Apelidos e nome da bolseira: Roca Rodríguez, Mª Elisa.

NIF: 76815191k.

-Proxecto V: Diccionario de literatura.

Apelidos e nome dos bolseiros: Alonso Pérez, Silvia.

NIF: 36100528G.

Campos Villar, Xabier.

NIF: 78788882J.

-Proxecto VI: Informes anuais de literatura.

Apelidos e nome da bolseira: Cabaleiro Carro, Mª Alejandra.

NIF: 36117119N.

-Proxecto VII: Terminoloxía científico-técnica.

Apelidos e nome dos bolseiros: Búa Carballo, Juan Carlos.

NIF: 35310166Z.

Formoso Gosende, Valentina.

NIF: 33284581Q.

Vázquez González, Ruh.

NIF: 44448798X.-Proxecto VIII: Wornet para o galego (GalWord Net).

Apelidos e nome dos bolseiros: Míguez Iglesias, Mª Dolores.

NIF: 33279628P.

Pollán Valiña, Mª Celia.

NIF: 3335003D.

Romero Quintáns, Tareixa.

NIF: 32794141M.-

4028