Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 13 de maio de 1998 Páx. 5.169

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de abril de 1998 pola que se resolve a convocatoria de axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 1998 e organizadas polas asociacións e fundacións con fins pedagóxicos, legalmente constituídas.

Por Orde do 22 de xaneiro de 1998 ( DOG do 25 de febreiro), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 1998 e organizadas polas asociacións e fundacións legalmente constituídas que teñan nos seus estatutos como fin preferente a formación do profesorado e non teñan a consideración de movementos de renovación pedagóxica.

Vista a proposta formulada pola comisión de selección e de conformidade coa base 10 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlles con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.3221.480.0 as axudas que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-O pagamento das axudas económicas farase, unha vez feita a debida xustificación, segundo instruccións recibidas da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, que se deberá realizar ata o 10 de outubro de 1998 para as actividades que finalicen ata o 30 de setembro incluído, e ata o 10 de decembro de 1998, para

as actividades que se realicen entre o 1 de outubro e o 9 de decembro incluídos.

Terceiro.-Unha vez rematado o prazo de presentación das documentacións xustificativas das axudas económicas concedidas, reunirase a comisión para face-la avaliación delas.

Cuarto.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Quinto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa poblicación no DOG.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 1998

Celso Curras Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Colexio oficial de doutores e licenciados de Ourense: 199.000 ptas.

Asociación de profesores de francés de Galicia: 199.000 ptas.

MRP.LUCUS: 199.000 ptas.

Agapsi: 199.000 ptas.

Aula Castelao de filosofía: 199.000 ptas.

Asociación de directores de CPs da Coruña: 199.000 ptas.

Amefcor: 199.000 ptas.

Apiga: 199.000 ptas.

CIG: 199.000 ptas.

Aspega: 203.000 ptas.

STEG: 199.000 ptas.

Matinando, asociación cultural: 199.000 ptas.

Candea, asociación de ensinantes do Salnés: 199.000 ptas.

Seminario permanente de educación para a paz: 199.000 ptas.

CC.OO, federación de ensino: 199.000 ptas.

Soutullo, asociación pedagóxico-cultural: 199.000 ptas.

Amcraga, asociación de mestres dos colexios rurais agrupados de Galicia: 199.000 ptas.

AGPETAL, asociación galega de profesores especializados en técnicas de audición e linguaxe: 199.000 ptas.

Asociación de directores da bisbarra de Santiago: 67.000 ptas.

Asociación pedagóxica-cultural compostelá: 67.000 ptas.

Agamei, asociación galega de mestras/es: 67.000 Ptas.

Asociación pedagóxica Ernestina Otero Sestelo: 67.000 ptas.

Asoga, asociación de orientadores de Galicia: 67.000 ptas.

Agadir, asociación galega para a docencia e a investigación do retraso mental: 67.000 ptas.

4033