Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 13 de maio de 1998 Páx. 5.168

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de abril de 1998 pola que se resolve a convocatoria de axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 1998 e organizadas polos movementos de renovación pedagóxica.

Por Orde do 19 de xaneiro de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 10 de febreiro), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas

económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 1998 e organizadas polos movementos de renovación pedagóxica.

Vista a proposta formulada pola comisión de selección, e de conformidade coa base 10 da convocatoria,

RESOLVO:

1. Concederlles, con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.3221.480.0. as axudas que se relacionan no anexo desta orde.

2. O pagamento das axudas económicas farase, unha vez feita a debida xustificación, que se deberá realizar ata o 10 de outubro de 1998 para as actividades que finalicen ata o 30 de setembro incluído, e ata o 10 de decembro de 1998 para as actividades realizadas entre o 1 de outubro e o 9 de decembro incluídos.

3. Unha vez rematado o prazo de presentación das documentacións xustificativas das axudas económicas concedidas, reunirase a comisión para face-la súa avaliación.

4. Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

5. Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

APXEGP - Asociación Pedagóxica Xornadas do Ensino de Galiza e Portugal:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

2ª Actividade de escola de verán: 300.000 ptas.

3ª Actividade de escola de verán: 100.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 300.000 ptas.

Universidade Popular. Escola de Verán de Corcubión:

1ª Actividade de escola de verán: 400.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 300.000 ptas.

ASPGP - Asociación Socio-Pedagóxica Galaico-Portuguesa:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

2ª Actividade de escola de verán: 300.000 ptas.

3ª Actividade de escola de verán: 100.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 300.000 ptas.

Nova Escola Galega:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

2ª Actividade de escola de verán: 300.000 ptas.

3ª Actividade de escola de verán: 100.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 300.000 ptas.

MRP - Escola de Verán de Lugo:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 300.000 ptas.

AP. IGSP - Asociación Pedagóxica Instituto Galego de Socio-Pedagoxía:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

2ª Actividade de escola de verán: 300.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 300.000 ptas.

AS-PG - Asociación Socio-Pedagóxica Galega:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

2ª Actividade de escola de verán: 300.000 ptas.

3ª Actividade de escola de verán: 100.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 300.000 ptas.

Escola Viva:

1ª Actividade de escola de verán: 700.000 ptas.

2ª Actividade de escola de verán: 300.000 ptas.

3ª Actividade de escola de verán: 100.000 ptas.

Actividades ó longo do ano: 300.000 ptas.

4069