Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 12 de maio de 1998 Páx. 5.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle delimitado polas rúas Tarvesía de Vigo e Asturias (expediente 4386/411/1997).

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do día 2 de marzo de 1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle delimitado polas rúas Travesía de Vigo 30-32 e Asturias 15, formulado por Esgasa Galicia, S.A., e redactado polo arquitecto Roberto Rodríguez Martínez coa documentación visada polo COAG o día 6 de xuño de 1997, nos termos da súa aprobación inicial.

O que se fai público para xeral coñecemento de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Vigo, 20 de abril de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

3667