Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 12 de maio de 1998 Páx. 5.151

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias do Concello das Pontes de García Rodríguez.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día 27 de abril de 1998, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias do Concello das Pontes de García Rodríguez consistente na modificación puntual da ordenanza relativa ó aproveitamento dos espacios baixo cuberta.

A eficacia do acto de aprobación definitiva da presente modificación e a súa entrada en vigor queda condicionada á comunicación deste acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e á recepción da copia compulsada do expe

diente completo e da demais documentación especificada no artigo 48.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, así como á publicación das súas normas e ordenanzas en consonancia co disposto na lexislación de réxime local.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpo-lo recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio. A interposición deste recurso requirirá a comunicación previa a esta corporación. Así mesmo, poderase interpoñer calquera outro que se estime pertinente.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

As Pontes de García Rodríguez, 28 de abril de 1998.

Vicente López Pena

Alcalde-presidente

4201