Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 12 de maio de 1998 Páx. 5.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1998 pola que se anuncia concurso para a concesión administrativa do uso privativo de dous recintos no parque de Santa Margarida.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: C98/2.

2. Obxecto do contrato: concesión administrativa do uso privativo de dous recintos no parque de Santa Margarida.

Prazo de execución: dez anos.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Canon anual mínimo: 500.000 pesetas.

5. Garantía provisional: 5.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de proposicións:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego e cláusulas.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

8. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

9. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para concesión administrativa do uso privativo de dous recintos no parque de Santa Margarida. (Ref. C98/2)».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 23 de abril de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

4201