Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 11 de maio de 1998 Páx. 5.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1998, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de implantes de neurocirurxía para este complexo hospitalario mediante procedemento aberto e ordinario (C.P. 2/1998).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Obxecto: a contratación da subministración sucesiva de implantes de neurocirurxía.

2. Orzamento: 8.251.800 ptas. (IVE incluído).

3. Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

4. Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

5. Prazo de execución: a duración do contrato será de seis meses contados desde o 1 de maio ou desde a data de sinatura do contrato, se é posterior.

6. Admisión de variantes: admitiranse as proposicións que, respectando o obxecto de subministración os prezos unitarios máximos, melloren as características mínimas establecidas nos pregos de prescricións técnicas.

7. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios dos que dispón o artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

8. Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios que dispón o artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

9. Criterios de adxudicación:

Prezo: 5 puntos.

Calidade técnica: 4 puntos.

Servicio: 4 puntos.

10. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Servicio de Contratación Administrativa, Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n 15705 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

11. Clasificación: non se esixe.

12. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar s/n 15706 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG ou por correo no xeito indicado no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

13. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia ás 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

14. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 1998.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

3199