Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 11 de maio de 1998 Páx. 5.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998 pola que se anuncia o concurso, por procedemento aberto, para o outorgamento, en réxime de concesión, do servicio de cafetería do pazo do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1996, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de prestación de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 6/97.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de prestación de servicios.

b) Descrición do obxecto: concurso, por procedemento aberto, para o outorgamento, en réxime de concesión, do servicio de cafetería do pazo do Parlamento de Galicia.

c) Lotes: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 14, do 22 de xaneiro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: para fixar polo concesionario na súa oferta.

5. Adxudicación.

a) Data: 3 de abril de 1998.

b) Contratista: Gurriarán & Asocs.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: acéptase a oferta que establece o prezo do menú básico en 750 ptas., IVE incluído.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 1998.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia

3583