Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 11 de maio de 1998 Páx. 5.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da iniciación dos expedientes sancionadores de caza C-183/97 e C-186/97, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle os denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, as iniciacións dos correspondentes expedientes sancionadores por infraccións á Lei 4/1997 de caza en Galicia, do 25 de xuño (Diario Oficial de Galicia do 11 de xuño).

Noméase instructora do procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Mª. Concepción Ameijide Rodríguez-Moldes, funcionarias da Xunta de Galicia. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, Diario Oficial de Galicia 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 70, e presenta-las alegacións e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

ANEXO

-Expediente C-183/97.

Denunciado: Cosme Fernández Insua.

DNI: 33.318.077.

Enderezo: San Simón, r/ Folgueiras, 20, Vilalba-Lugo.

Feitos imputados: non levar consigo a documentación preceptiva, seguro obrigatorio e permiso de

armas, o día 6-12-1997 no couto LU-10.028.

Preceptos infrinxidos: 57.4º da Lei 4/1997.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 10.000 ptas.

-Expediente: C-186/97.

Denunciado: Jesús Folgueira Rodríguez.

DNI: 76.532.641.

Enderezo: Sambreixo-Guitiriz-Lugo.

Feitos imputados: non levar consigo a documentación preceptiva, seguro obrigatorio e licencia de caza, o día 8-12-1997 en San Breixo-Monterroso.

Preceptos infrinxidos: 57.4º da Lei 4/1997.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 10.000 ptas.

Lugo, 30 de marzo de 1998.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

4153