Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 11 de maio de 1998 Páx. 5.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 decembro de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente 346 que afecta ó monte de Seaxe, do lugar de Seaxe, parroquia de Sorribas, concello de Rois, desta provincia.

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento de aplicación da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que

o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión celebrada o 12 de decembro de 1997, adoptou o seguinte acordo:

Reunido na data do 12 de decembro de 1997 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, baixo a Presidencia do delegado da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, Rogelio Aramburu Núñez, coa asistencia do vicepresidente Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, os vocais, Andrés López-Suevos Fernández, xefe do Servicio de Montes e I.F. Alfonso Vázquez-Castro Garma, letrado do Gabinete Xurídico Territorial da Xunta, Juán Ramón Beneyto Bellas, representante do Colexio de Avogados da Coruña, José Manuel Caramés Franco, representante das comunidades veciñais de montes en man común, e do secretario Manuel Puente Araújo, letrado da citada delegación, para estudiar e resolve-lo:

Nº expediente: 346.

Monte: de Seaxe.

Lugar: Seaxe.

Parroquia: Sorribas.

Concello: Rois.

Antecedentes de feito:

1º. Diversos veciños de Seaxe, parroquia de Sorribas, concello de Rois, solicitaron con data 30-7-1996 de este xurado, a declaración como veciñal do expresado lugar, do monte arriba citado e que ten as seguintes características:

Superficie: 22,00 ha.

Lindeiros:

Situado ó SE de Seaxe. É o monte Campo de Seaxe, nº 286 do CUP. Norte: camiño público. Leste: predios particulares de Meana, e en parte, co camiño que vai da Peroxa a Seaxe. Sur: en parte co camiño que vai de Cruceiro a Cornes, e en parte con predios particulares de Peroxa. Oeste: predios particulares de Seaxe.

2º. Á vista de tal solicitude, o xurado, na súa reunión do 13-6-1997, acordou inicia-lo oportuno expediente nomeándose como instructor del a Andrés López-Suevos Fernández, quen aceptou expresamente o dito cargo. Procedeuse á correspondente tramitación, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Padrón, oíndose a tódalas persoas, organismos e corporacións interesadas, expedíndose mandamentos por tal fin dirixidos ó alcalde presidente do Concello de Rois, ó xefe do Servicio de Montes e I.F. e publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia nº 183 do 23-9-1997 e taboleiro de anuncios do concello.

3º. Os veciños de Seaxe fundamentan a súa petición perante o xurado provincial de montes veciñais en man común en que desde sempre viñeron aproveitando de manera consuetudinaria, en réxime de comunidade e sen asignación de cotas, o monte correspondente ó dito lugar. Presentan acta de com

parecencia ante notario en que os maiores do lugar declaran tal condición desde tempo inmemorial.

Así mesmo, achegan un informe do Concello de Rois en que se recoñece que o citado concello non é propietario de ningunha parcela nos montes do dito lugar, e que tales montes viñeron sendo aproveitados desde tempo inmemorial polos veciños de Seaxe.

4º. Na tramitación das presentes actuacións cumpríronse as formalidades legais e regulamentarias, esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables ó caso.

Findamentos de dereito:

1º. O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña ten xurisdicción e competencia para coñecer do presente expediente en virtude do disposto nos artigos 9 e 10 da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 13/1989 de 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

2º. De conformidade co contido do artigo 11 da citada lei e 19 do regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, os veciños de Seaxe, parroquia de Sorribas, concello de Rois, son parte lexítima para solicita-la iniciación do presente expediente de cualificación.

3º. Para a súa cualificación como veciñal en man común, o monte debe reuni-las seguintes características: 1) Pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas; 2) Que se aproveite consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuneiros; 3) Que os veciños comuneiros residan habitualmente con casa aberta dentro da área xeográfica sobre a que se asenta o grupo social que tradicionalmente aproveitou o monte (artigos 1, 2 e 3 da Lei 13/1989 e 1, 2 e 3 do Regulamento do 4 de setembro de 1992).

4º. Das actuacións que constan no expediente, e e especial da comprobación do que se expresa no punto anterior, dedúcese que no presente caso nos encontramos cun monte pertencente á Comunidade Veciñal do lugar de Seaxe, parroquia de Sorribas, no que se cumpren os aludidos requisitos.

Por iso, este xurado á vista dos antecedentes e fundamentos de dereito expostos, nesta data.

Acorda calificar como monte veciñal en man común da Comunidade Veciñal do lugar de Seaxe, parroquia de Sorribas, concello de Rois, o denominado Monte de Seaxe, cos lindeiros, superficie e características que figuran no primeiro antecedente. Así mesmo, acórdase excluí-lo declarado do inventario de bens do concello e do catálogo dos de utilidade pública, se neles estivera inscrito incluíndo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común que figura na Delegación de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 12 de decembro de 1997.

Mnauel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurando Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña

3366