Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 11 de maio de 1998 Páx. 5.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, para a contratación dunha póliza de responsabilidade civil e/ou patrimonial da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia-Xunta de Galicia, os seus organismos autónomos e persoal ó seu servicio.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

2. Obxecto de contrato: garanti-lo pagamento das indemnizacións derivadas da responsabilidade civil e/ou patrimonial que lle puidera corresponder á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia - Xunta de Galicia, ós seus organismos autónomos, entes que a estructuran e persoal ó seu servicio directo.

a) División por lotes: non.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación:

Importe total: 367.736.000 ptas.

5. Garantía provisional:

Importe: 7.354.720 ptas. 2% orzamento licitación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda, Subdirección Xeral do Patrimonio.

b) Domicilio: Edif. administrativos San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela. C.P.: 15704.

d) Teléfonos: (981) 54 41 46 ou (981) 54 41 54.

e) Telefax: (981) 54 41 25.

f) Data límite para obtención de documentos e información: 8 de xuño de 1998.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: (si), grupo III, subgrupo VIII, categoría C.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite da presentación: 14 horas do 8 de xuño de 1998.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda.

Domicilio: edificios administrativos de San Caetano.

Localidade: Santiago de Compostela. C.P.: 15704.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das ofertas:

a) Na sala de xuntas da Consellería de Economía e Facenda.

b) Domicilio: edificios administrativos de San Caetano.

c) Lugar: Santiago de Compostela.

d) Data: 15 de xuño de 1998.

e) Hora: 11 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

11. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 30 de abril de 1998.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

3543