Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 11 de maio de 1998 Páx. 5.052

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (47/1998).

En cumprimento do acordado por providencia do día da data, a xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros (A Coruña) fai saber que neste xulgado e co nº 47/1998, por instancia de Braulio Vázquez Núñez, representado polo procurador Monteagudo Romero, sobre declaración de falecemento do seu avó Francisco Núñez Piñeiro que foi veciño de Muros, con domicilio en Trión-Esteiro, nado o día 21 de abril de 1896 en Esteiro-Muros.

Francisco Núñez Piñeiro, casou con Cristina Olveira Rama no ano 1921, tendo dúas fillas: Eumelia e María Dolores Núñez Olveira.

No ano 1929 Francisco emigrou a Bos Aires (Arxentina) onde se puxo a traballar. Desde esa data ata o ano 1936 mantivo comunicación e enviou diñeiro para o sustento da familia, pero a partir do ano 1936 non se soubo máis do seu paradoiro, nin regresou ó seu último domicilio coñecido en Trión-Esteiro-Muros. Na actualidade tería 102 anos.

O que para os fins previdos nos artigos 2042 e seguintes da LAC, en relación cos artigos 193 e concordantes do Código Civil, faise público mediante o presente edicto, o cal se publicará no taboleiro de anuncios deste xulgado, no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, por dúas veces e co intervalo de quince días, para os efectos legais e para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer ante este xulgado para ser oído no mencionado expediente.

Dado en Muros a 10 de marzo de 1998.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

4167