Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 11 de maio de 1998 Páx. 5.016

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1998 pola que se fai pública a adxudicación provisional de destinos do concurso de traslados convocado por Orde do 25 de novembro de 1997 (DOG do 1 de decembro).

En aplicación do disposto na disposición trixésimo cuarta do epígrafe VIII da Orde do 25 de novembro de 1997 (DOG do 1 de decembro), esta dirección xeral resolve facer pública a adxudicación provisional dos destinos obtidos no concurso de traslados convocado pola orde que se cita, segundo os anexos da presente resolución.

Igualmente, vistas as reclamacións á Resolución do 18 de marzo de 1998 (DOG do 26), fanse públicas as modificacións de vacantes, adxudicando as de incremento pola presente resolución. As vacantes retiradas non están recollidas na planificación escolar dos cursos inmediatamente seguintes ó actual.

Contra a presente resolución cabe reclamación, no prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Poderase, no mesmo prazo, presentar desistimento á participación no concurso, sempre e cando se participe con carácter voluntario, advertindo os concursantes que o fan por dereito preferente que, de desistiren, decaen no dereito que teñen recoñecido.

Transcorrido o prazo, esta dirección xeral elevará a definitiva a adxudicación de destinos.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1998.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal

ANEXO

MODIFICACIÓNS DE VACANTES

Incrementos.

* A Coruña.

-IES Fraga do Eume-Pontedeume (15025682).

Vacante de 60.

-CEIP Mosteiro de Caaveiro-A Capela (15020669).

Vacante de 35.

-CEIP Monte Caxado-As Pontes de García Rodríguez (15023429).

Vacante de 35.

-CEIP Santa María-As Pontes de García Rodríguez (15013591).

Vacante de 35.

-CEIP da Igrexa-As Somozas (15025074).

Vacante de 35.

-CEIP San Pedro de Visma-A Coruña (15005701).

Vacante de 31.

-CEIP da Gándara-Narón (15022310).

Vacante de 32.

-CEIP Barallobre-Fene (15020982).

Vacante de 35.

-CEIP de Centieiras-Fene (15022981).

Vacante de 35.

* Lugo.

-IES de Monterroso-Monterroso (27016248).

Vacante de 23.

-CEIP Monseivane-Vilalba (27015724).

Vacante de 35.

-CEIP Santo Estevo de Parga-Guitiriz (27005056).

Vacante de 34.

* Ourense.

-CEIP Joaquina Gallego Jorreto-A Merca (32015189).

Vacante de 36.

-CEIP Antonio Failde-Coles (32004118).

Vacante de 36.

-CEIP Condesa de Fenosa-O Barco de Valdeorras (32015116).

Vacante de 36.

* Pontevedra.-CEIP de Portonovo-Sanxenxo (36008805).

Vacante de 34.

-IES Mixto do Porriño-O Porriño (36007011).

Vacante de 21.

-CEIP da Laxe-Marín (36004484).

Vacante de 35.

-CEIP da Lama-A Lama (36014611).

Vacante de 32.

-CEIP Doutor López Suárez-Fornelos de Montes (36003388).

Vacante de 36.

-CEIP de Sárdoma-Moledo-Vigo (36010287).

Vacante de 32.

-CEIP Santo Paio de Abaixo-Redondela (36007709).

Vacante de 34.

-CEIP de Porto Cabeiro-Redondela (36007631).

Vacante de 35.

-CEIP do Couso-O Rosal (36008258).

Vacante de 31.

-CEIP de Paradela-O Rosal (36008350).

Vacante de 31.

Anulación.

* A Coruña.

-CEIP Reis Católicos-Ferrol (15006663).

Vacante de 38.-CEIP Os Casais-Fene (15025633).

Vacante de 36.

-CEIP Manciñeira-Neda (15022577).

Vacante de 36.

* Ourense.

-CEIP de Rairiz de Veiga-Rairiz de Veiga (32011032).

Vacante de 34.

* Pontevedra.

-CEIP de Leirado-Salvaterra de Miño (36014738).

Vacante de 36.

-CEIP de Alxán-Salvaterra de Miño (36016966).

Vacante de 38.

-CEIP Chans-Bembrive-Vigo (36015032).

Vacante de 31.

-CEIP Sárdoma-Moledo-Vigo (36010587).

Vacante de 31.

-CEIP Eduardo Pondal-Vigo (36010484).

Vacante de 31.

-CEIP Ramón y Cajal-Vigo (36010721).

Vacante de 31.

-CEIP Menor Altamar-Vigo (36015834).

Vacante de 31.

3886