Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 11 de maio de 1998 Páx. 5.016

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1998 do tribunal IV-1B, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 16 (conductor) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do terceiro exercicio das probas selectivas.

En sesión celebrada o día catro de maio de mil novecentos noventa e oito, o tribunal IV-1B, do proceso selectivo para o acceso á categoría nº 16 (conductor) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 2 de decembro de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 242, do 12) acordou o seguinte:

Primeiro: convoca-los aspirantes que superaron o segundo exercicio e que figuran no anexo ó presente acordo, por non teren acreditada a posesión do curso de iniciación ó galego, á realización do terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para o acceso á categoría nº 16 (conductor) do grupo IV, que se celebrará o día 25 de maio de 1998, ás 17.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública sita na rúa Madrid, 2-4 (polígono das Fontiñas) de Santiago de Compostela.

O chamamento único para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 17.30 horas.

De acordo co previsto no apartado c) das bases II.2.1 e II.2.2 da convocatoria do proceso selectivo, tal acreditación poderase presentar ata 10 días antes da celebración deste exercicio ante o director xeral da Función Pública, tribunal IV-1B, Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Segundo: os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e II.3.2) e bolígrafo.

Terceiro: de acordo co previsto no apartado c) das bases II.2.1 e II.2.2 da convocatoria do proceso selectivo, están exentos da realización do terceiro exercicio os restantes aspirantes que superaron o segundo por teren acreditada a posesión do curso de iniciación ó galego.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1998.

Juan Manuel Díaz Villoslada

Presidente do tribunal

ANEXO

Aspirantes convocados ó terceiro exercicio

Apelidos e nomeDNI

Costas Portela, Emilio35.299.199

Gayoso Fernández, Antonio33.857.088

López Collazo, Xosé Lois52.482.541

Neira Couto, Pablo Ramón33.255.729

Olveira Bretal, Tomás33.261.255

Otero Ledo, Marcos76.622.668

Ribeiro Canedo, Álvaro José33.267.572

Sarceda Gorgoso, José Mª33.845.446

Seoane Sánchez, Juan Luis32.810.878

Vázquez Gómez, Aurelio33.248.934

4054