Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 11 de maio de 1998 Páx. 4.995

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 5 de maio de 1998 pola que se prorrogan varias ordes de convocatoria de axudas.

A orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 26 de febreiro de 1997 (Diario Oficial de Galicia nº 45, do 6 de marzo) regula o procedemento de concesión de restitucións á producción para o aceite de oliva utilizado na fabricación de certas conservas.

A orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 26 de febreiro de 1997 (Diario Oficial de Galicia nº 44, do 5 d marzo) regula o réxime de axudas ó consumo de aceite de oliva.

A orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 4 de marzo de 1997 (Diario Oficial de Galicia nº 54, do 19 de marzo) establece o pro

cedemento para a concesión de restitucións á producción no sector dos cereais e do arroz.

Nas disposicións adicionais das ordes mencionadas anteriormente indicábase a existencia de dotación orzamentaria adecuada e suficiente para satisface-las axudas con cargo ós orzamentos xerais desta Comunidade Autónoma para 1997.

Con motivo da aprobación do orzamento para a Comunidade Autónoma de Galicia para 1998, cómpre modifica-la redacción das respectivas disposicións adicionais, para establece-la dotación económica das citadas ordes de convocatoria de axudas con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998.

Por todo o anterior, de acordo co disposto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1993, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente e demais normativa de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Prorrógase para o ano 1998 a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 26 de febreiro de 1997, pola que se regula o procedemento de concesión de restitucións á producción para o aceite de oliva utilizado na fabricación de certas conservas, e se modifica a súa disposición adicional, que queda redactada do seguinte xeito:

«Para as axudas que se satisfagan con cargo ó orzamento 1998 existe dotación orzamentaria adecuada e suficiente no concepto 09.50.614 A.779 -Axudas comunitarias a productores derivadas da nova PAC- dotada con douscentos millóns de pesetas, segundo o disposto na Lei 1/1998, do 7 de abril».

Artigo 2º

Prorrógase para o ano 1998 a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 26 de febreiro de 1997, pola que se regula o réxime de axudas ó consumo de aceite de oliva, e se modifica a súa disposición adicional, que queda redactada do seguinte xeito:

«Para as axudas que se satisfagan con cargo ó orzamento de 1998 existe dotación orzamentaria adecuada e suficiente no concepto 09.50.614 A.779 -Axudas comunitarias a productores derivadas da nova PAC- dotada con vinteún millóns cincocentas mil pesetas, segundo o disposto na Lei 1/1998, do 7 de abril».

Artigo 3º

Prorrógase para o ano 1998 a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 4 de marzo de 1997, pola que se establece o procedemento para a concesión de restitucións á producción no sector dos cereais e do arroz, e se modifica a súa disposición adicional, que queda redactada do seguinte xeito:

«Para as axudas que se satisfagan con cargo ó orzamento de 1998 existe dotación orzamentaria adecuada e suficiente no concepto 09.50.614 A.779 -Axudas comunitarias a productores derivadas da nova PAC- dotada con nove millóns cincocentas mil pesetas, segundo o disposto na Lei 1/1998, do 7 de abril».

Disposicións derradeiras

Primera.-Facúltase ó director do ILGG para que dicte as instruccións necesarias para a execución do disposto nesta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

3988