Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 08 de maio de 1998 Páx. 4.966

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1998 pola que se convoca o premio Arquivo da Emigración.

1. O Consello da Cultura Galega, a través do Arquivo da Emigración, convoca o primeiro premio de investigación para xoves investigadores, sobre estudios de emigración. Poderán participar, de forma individual, tódalas persoas menores de 30 anos.

2. O contido dos traballos que se presenten referirase a calquera aspecto dos movementos migratorios relacionados con Galicia.

3. O prazo de presentación dos traballos rematará o día 30 de setembro de 1998.

4. Os traballos deberán ser presentados por duplicado no Rexistro do Consello da Cultura Galega identificados cun lema. Acompañaranse cun sobre pechado co mesmo lema no que se inclúan os datos do autor.

5. O xurado estará formado polo presidente do Consello da Cultura Galega, ou persoa en quen delegue, e tres expertos en estudios migratorios nomeados pola Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega.

6. A decisión do xurado darase a coñece-lo día 20 de decembro do presente ano. O xurado ten a potestade de declarar deserto o premio.

7.Habera un único premio de 300.000 ptas. para o traballo seleccionado. A concesión do premio implicará a cesión ó Consello da Cultura Galega dos dereitos de edición en exclusiva. O Consello da Cultura Galega comprométese, publicación do traballo.

8.A participación neste premio supón a aceptación das bases.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1998.

María Xosé Rodríguez Galdo

Secretaria xeral do Consello da Cultura Galega

4216